Aida Cobas coa boneca de trapo


Aida Cobas ,acercounos a diferentes mulleres da nosa historia por medio do conto dunha boneca e a súa avoa.
Foi unha actividade moi divertida e informtiva.


Aida Cobas ,acercounos a diferentes mulleres da nosa historia por medio do conto dunha boneca e a súa avoa.
Foi unha actividade moi divertida e informtiva.
Día de animación e diversión na Biblioteca Central de Arteixo con Antón e Tomasa. A bruxa e o mago fixeron que a rapazada participase dunha actuación chea de ilusión, música e xogos. A globoflexia tamén foi parte importante deste evento festeiro.


Proxección do documental acerca da traxectoria profesional do fotógrafo popular galego José Gestal (CARDOÑA) e posterior coloquio cos asistentes para por en valor a profesión deste tipo de fotógrafos que percorreron as nosas vilas e pobos e a importancia de recuperar e conservar os arquivos fotográficos familiares.


Aos nenos e nenas gustoulles moito o obradoiro UNHA ARTE DELICADA: A PAPIROFLEXIA de Miguel Cortés, que tivemos este xoves 10 de outubro na nosa biblioteca.
Estiveron todo o tempo traballando cos seus pais ao ritmo que marcaban os monitores. Antes de comezar fixo unha pequena introdución de onde viña a papiroflexia,
como facela a través de libros, etc.
A xente marchou moi contenta levando as súas creacións.

O martes 8 de outubro, continuando coas sesións de contacontos, Carballiños trouxo os “contos animados”. Un espectáculo de animación á lectura, con maxia, contos, monicreques, música, participación, diversión e moito máis.
Foi unha tarde moi divertida, pasámolo en grande tanto pequenos como maiores.

O MARTES 1 de outubro, Mª ELENA G. ARCAS fixo un marabilloso taller experimental na Biblioteca de O Froxel “Fco. A. Vidal” – ARTEIXO.
Os debuxos de Castelao cóntannos: “Cousas de Nenos”. Descubrimos a partír da súa arte a nosa historia.


Unha actividade que celebra os procesos migratorios que caracterizan a Galicia de onte e hoxe, a riqueza, a diversidade, o econtro.
Foi todo un éxito de participación.
O MARTES 8 de outubro, visitou a Biblioteca de O Froxel “Fco.A.Vidal”- ARTEIXO – PACO NOGUEIRAS-, cunha actividade desenvolvida a través da música, contando con cancións moitas das seccións do xornal !EXTRA!! . Gran participación da rapazada bailando e facendo coros.


Na tarde do luns día 7, acompañáronnos os profesionais de Solovoz para facernos pasar unha tarde viaxeira e musical. Sen necesidade de movernos da biblioteca percorremos diferentes lugares do mundo e gozamos das músicas e bailes típicos de cada un deles.



Séguenos