Contos de Lobos en Porto do Son
Un ano máis os ghazafelhos fixeron acto de presenza no concello de Porto do Son, e divertiron ós nenos (e maiores) coa súa actuación.

Un ano máis os ghazafelhos fixeron acto de presenza no concello de Porto do Son, e divertiron ós nenos (e maiores) coa súa actuación.

A Fada do saco Verde visitou Porto do son, e compartiu cos nenos a súa sabedoría, contos, e cancións.

Aida Cobas caracterizada como a Fada
Trala chegada dos monitores, a actividade procurou achegar aos máis novos e novas ás tecnoloxías do futuro desde o centro cultural que é a biblioteca. Ademais de aprender fundamentos básicos e coñecer o fondo científico-técnico dispoñible na súa biblioteca, os e as participantes puideron fabricar o seu propio robot e levalo para a casa.



O pasado venres 25 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas en Cerdedo-Cotobade. Recibimos a visita de Cris de Caldas co seu contacontos “A Bibliotecaria Estrafalaria 2.0”. Unha serie de historias divertidas e moi estrafalarias que fixeron as delicias das nenas/os e os/as maiores asistentes ao espectáculo.
O venres 25 tivemos unha visita moi especial á biblioteca de Salceda de Caselas!!!
A Compañía trémola Teatro deleitounos coa súa obra ” O mundo ao revés”, un espectáculo cheo de fantasía e dozura que chamou a atención dos nenos e nenas que participaron.
Os máis pequenos gozaron da historia de Jaime, un neno ao que lle encantaba xogar ó fútbol e que cando se mudou a Revelandia descubriu que todas as deportistas famosas eran rapazas.

Alba Farto, ilustradora, impartiu un Obradoiro de Lettering, técnica tamén coñecida como rotulación, que consiste en Debuxar as letras con: pincel, tinta, rotuladores,… e sentar as bases pra seguir practicando na casa e acabar facendo letras con soltura e creando obra propia…Así de orgullosos posaban a nosa rapazada cos traballos feitos no obradoiro este pasado venres 25 de outubro, ao ladiño da nosa Biblioteca.
Este venres a maxía inundou as salas da biblioteca de Maceda
A actuacón de Nami e o mago da boina foi unha gran espectaculo de maxía que fixo as delicias de pequenos e maiores. Os dous artistas angailoron ó público coa súa arte e humor vinculando o mundo dos libros co da maxia.

Desfrutamos moito coa fusión de contos pola igualdade que Trécola Teatro nos representou.
Taller de maxia ou Charly e a fábrica de soños foi a actividade que nos achegou o mago Charly Braun á biblioteca de Olveira.
A pesares de chamarse taller, a actividade centrouse máis na actuación do mago.
Os asistentes aprenderon un par de trucos de maxia ao final e, posteriormente, realizamos unha busca de libros sobre maxia entre os fondos da biblioteca.

O venres 25 tivemos unha visita moi especial á biblioteca María Magdalena!!!
Títeres Cachirulo deleitounos coa súa obra máxica ” Xeado de Lúa”, un espectáculo cheo de fantasía e dozura que chamou a atención dos nosos pequenos visitantes, de 1 a 3 anos.
Os máis pequenos gozaron de cada momento, entre risas e abraio, explorando un mundo de personaxes encantadores e cores máxicas.
Encántanos ser un espazo onde a imaxinación cobra vida!!!!



Séguenos