06/08/2025
Onte, martes 5 de agosto, tivemos a sorte de acoller a actividade “Teatro de máscaras: constrúe a túa personaxe”, da man da compañía LaGriotte.
Foi unha xornada creativa e moi divertida onde os nenos e nenas mergulláronse en obras de Castelao, como “Os vellos non deben namorarse” , un clásico da literatura galega cheo de emocións, personaxes entrañables e moita retranca.
Cada participante puido crear a súa propia máscara, con cores, texturas e moita imaxinación, foron dando forma a esas caras que agochan tantas historias. Pero non quedou aí a cousa: tamén fixeron pequenas actividades teatrais nas que traballaron a expresividade das emocións, aprendendo a usar o corpo e a voz para contar sen palabras.
Foi unha forma moi divertida de achegar a literatura aos máis pequenos, ao tempo que desenvolveron a súa creatividade, empatía e expresión artística.
Séguenos