Migallas Teatro na biblioteca Monte Alto (A Coruña).

Onte, 24 de maio, na biblioteca Monte Alto (A Coruña) tivemos a inmensa sorte de gozar do espectáculo de Migallas “Contos do chupete“. Un pequeno lobo nada disposto a soltar o chupete levounos dun conto a outro e dunha canción a outra: “Chibos chibóns“, “Os tres poquiños“, “Polo camiño” e “Lúa” fixeron as delicias de grandes e pequenos.


Como podedes ver nas fotos, foi un tarde marabillosa, chea de música, risas e, sobre todo, fermosas lecturas! Grazas, Bea e Paolo!




