“A bibliotecaria estrafalaria 2.0” con Cris de Caldas na Biblioteca Municipal de Redondela

Contacontos para nen@s no que, a través da figura dunha bibliotecaria moi particular, a narradora achega ao público diversas historias cunha fermosa idea central: os mellores contos están na cabeza dos maiores e nas bibliotecas.
Estupenda sesión de contacontos. Cris de Caldas, ademáis dunha magnífica narradora oral, sabe captar a atención dos nen@s e mantel@s enganchad@s ao longo de toda a sesión, interactuando en todo momento con eles.




