VÉXOTE!

Rotundo éxito foi o obtido pola actividade”Véxote! Contacontos inclusivo”. Dende o primeiro momento logrou captar a atención e a implicación de todos os participantes na actividade que mostrou unha temática tratada con gran sensibilidade. Entre risas e complicidade, lograron presentarnos un obradoiro creativo e singular.




