CAMPIONATO DE COCHES ELÉCTRICOS NA BIBLIOTECA RIALEDA (OLEIROS)

Na Biblioteca Rialeda as nenas e nenos gozaron dun entretido obradoiro no que construíron un coche eléctrico cunha combinación de pezas de lego,
pequenos motores e elementos decorativos.
Mediante tablets e unha aplicación informática programaron o movemento. Unha vez montados, realizaron pequenas carreiras.
Carlos, o monitor, estivo moi pendente de cada un/unha e guiounos con moi bo humor e amabilidade. Foi unha tarde inesquecible!!!


















A tarde do xoves visitaron a nosa biblioteca Ciencia divertida para realizar o obradoiro 20.000 leguas de lectura divertida.




Séguenos