Coas mans na masa, a cargo de OQO editora, na BPM “Mª José Trincado” de Mera (Oleiros)
O venres, 21 de outubro, tivo lugar na biblioteca de Mera (Oleiros) o obradoiro COAS MANS NA MASA da man da editorial OQO.
A partir da lectura do conto Maruxa (texto de Eva Mejuto, a partir dunha canción tradicional polaca) as nenas e os nenos pasárono estupendamente creando con masa de pan as personaxes do conto. Os cativos amasaron, moldearon e pintaron a Maruxa e a Pepiño en diferentes situacións e o resultado foi unha explosión de imaxinación, cor e moitas risas.























Séguenos