10/10/2018
Cunha música ambiental que invita á relaxación, empeza a actuación de hoxe na nosa biblioteca. Logo de estar un rato esperando a hora do inicio cambio radical de esquema. Rompemos o xeo cunhas rimas, cancións rimadas, repetitivas que fan que ata o público maior participe activamente e sexan eles quen anime aos máis pequenos a cantar con Pablo.
Cando xa temos a todo o mundo animado e con gañas de máis, metémonos de cheo nos contos. Contos teatralizados, con teatriño, con maxia e ilusión.

Caras de ilusión, de querer máis e de saber a pouco.
Séguenos