24/04/2017
TrinkeTrinke Teatro achegou á biblioteca do Grove unha fantástica sesión de contacontoso co fin promover a lectura, espertar o gusto pola literatura, estimular a sensibilidade, a imaxinación, a creatividade e o espírito crítico dos nenos-as a través da narración dos contos e, singularmente, dos distintos xeitos de contalos .
Fuco, un simpático Rato de Biblioteca que procede de Lonxedetodo, lugar onde os libros e a lectura son moi importantes na vida da comunidade, contounos historias moi interesantes e divertidas.
Pasámolo moi ben cos contos, cantamos, bailamos e pasamos todos xuntos unha fantástica mañá de sábado.
Séguenos