Contiños de animaliños ben pequeniños de Gemola na BPM Os Tilos-Teo
Visitou a nosa biblioteca Gemola co seu espectáculo de estimulación para bebés combinando narración, cancións e traballo con texturas
Visitou a nosa biblioteca Gemola co seu espectáculo de estimulación para bebés combinando narración, cancións e traballo con texturas
O día 16 veu visitar a nosa biblioteca Cris de Caldas, cargada cunha maleta chea de contos para aprender a ver o mundo un pouco máis lila. Contounos historias que aprendeu da súa avoa con princesas que aprenden a loitar con dragóns o lavandeiras que son moito máis do que a xente pensa.
O sábado 12, a cita na BPM dos Tilos (Teo) foi cos máis pequenos. Trinke Trinke trouxo o seu espectáculo de bebés Paxariños, combinando narración, bonecos, música ata deixar encantados a pequenos e grandes.
O venres 11 tocou divulgación científica da man de Vicente Mohedano na BPM dos Tilos (Teo). Curiosidades sobre a luz, as cores combinando partes teóricas, humor e experimentos con moita participación do público.
O venres pasado na biblioteca puidemos crear o noso propio libro. Primeiro repasamos algún libros e álbumes nos que os roles tradicionais home/muller son postos en dúbida. Partindo destas obras, os rapaces e rapazas crearon cada un unha folla dun libro titulado Novas heroinas e heroes facendo unha revisión dos roles de xénero nos personaxes de ficción. Ó rematar cada un levou para a casa a súa copia (e, por suposto, na biblioteca quedamos cunha para o noso fondo
)
O venres 13 de setembro recibimos na ALM dos Tilos a Anxo Fariña que contounos a historia de Dulcinea, a nena cabaleira. Mesturando a narración desta historia coa ilustración fixo as delicias da xente que veu desfrutar da narración e máis aquelas que levaron un debuxo de agasallo.
O venres 26 de outubro recibimos na Biblioteca dos Tilos a visita de Chío Couto con “Contos vivos que fan poesía”! Contando en familia con Antonio García Teijeiro Un proxecto de dinamización Lingüística onde recrean unha historia do autor homenaxeado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa obra “Poemar ao Mar”.Vivimos en primeira persoa as aventuras de personaxes de contos e poemas aos que o autor lle da vida xogando a ser poetas.
Para festexar o Día das Bibliotecas recibimos a visita de Juste Kamishibai. A través de personaxes feitos con papel vivimos historias de moitos lugares do mundo. Moi participativo e a xente marchou feliz e encantada.
O xoves 11 de outubro puidemos desfrutar na ALM dos Tilos-Teo da adaptación de Títeres Cachirulo da obra de Valle-Inclán, “A Cabeza do Dragón”. Pensada para público infantil, pero que tamén poden desfrutar as persoas adultas, foi un espectacular despliegue de títeres creados por Carmen Domech, especialmente salientable a pelexa co dragón. Gran éxito de crítica e público e agardando por novas obras.
A cabeza do dragón na ALM Os Tilos
O sábado 22 tivemos na ALM OS Tilos (Teo), como preámbulo ó Día das Bibliotecas a Fran Rei que trouxo a Historia de Brancaflor, á lenda popular da filla do Demo- a partir da versión que Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa escolma ‘Contos Marabillosos’. Unha trama chea de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios. Unha fermosa historia de amor entre Brancaflor e Xan á que se opón con decidida firmeza o malvado pai da rapaza. Como non podía ser doutro xeito, a narración vén ilustrada con diversos xogos de maxia, que reforzan a comprensión do conto e, sobre todo, fan máis atractivo o espectáculo.
A Historia de Brancaflor de Fran Rei na ALM Os Tilos (Teo)
O público foi parte activa desta montaxe e a súa colaboración na mesma foi imprescindíbel para que o amor entre os dous rapaces protagonistas triunfe sobre as continuas dificultades que se lles presentan.
Séguenos