18/05/2018

En Camariñas celebramos as Letras Galegas con Xan Perillán e a súa maleta máxica. O espectáculo está dirixido ao público familiar e infantil e mestura clown, pantomima, maxia e manipulación de títeres.
A maioría dos asitentes valoraron como excelente tanto o contido da actividade coma o profesional que a relizou. As gargalladas dos nenos foron o mellor indicador de que estaban gozando coa función. Ademais, axudáronnos con moita desenvoltura a repartir os premios do Certame Literario Letras Galegas que organiza a biblioteca municipal .
Altamente recomendable.
Séguenos