OS RATIÑOS DE LONXETODO EN CARRAL
A ratiña Carolina falounos de moitos tipos de familias e xogamos ás adiviñas. Encantounos!!!!!
A ratiña Carolina falounos de moitos tipos de familias e xogamos ás adiviñas. Encantounos!!!!!
De novo, tivemos con nós a Migallas con Bea Campos e nesta ocasión trouxo con ela a Tres Porquiños moi moi chulos.
O público, pais e bebés , estivo moi atento durante toda a sesión e gozou dende o comezo,
da música e os contos.
Migallas é sempre ben recibido.
Un dez.
A compañía teatral Elefante Elegante trouxo a Carral a fermosa función de O Xigante, un contacontos que fala de partillar nuns tempos onde a pandemia non nos deixa facelo. Con este espectáculo
rematamos na nosa biblioteca a programación 2020 de Ler Conta Moito, na que puidemos gozar da presenza e actividades de María Canosa, Andrea Barreira, o contacontos sensorial de Eduvía e o de Elefante Elegante de onte. As actuais circunstancias non posibilitaron os niveis de afluencia desexados, mais estamos seguros de que axiña poderemos volver encher a nosa biblioteca para desfrutar deste tipo de actividades.
Andrea Barreira tróuxonos a Carral un conxunto de elementos, ferramentas e ideas coas que adquirir destrezas para crear as nosas propias narracións. Os rapaces asistentes desfrutaron das técnicas que lles trasnmitiu Andrea e foron creando historias coas que construíron un fancine. Foi unha mañá divertida e creativa.
A escritora María Canosa visitou a Biblioteca de Carral para quitarnos os medos co seu recital Versos para perder medos. Falounos de monstruos, da escuridade, dos cans… E fíxonos pasar un bo tempo mentres que iamos deixando atrás os nosos medos.
E despois veu Patricia, de Eduvía, cargada de contiños e estímulos para que os bebés, nais e pais que nos acompañaron, descubriran un modo especial de estimular os nosos sentidos. Pasáronno tan ben, que case non os damos botado da biblioteca!

Xa estamos agardando por Andrea Barreira para aprender a escribir as nosas propias historias e ao Xigante de Elefante Elegante.
Cos programas Ler conta Moito rematamos unhas intensas semanas de actividades nas Bibliotecas públicas de Carral. Nos pasados días Teatro Migallas tróuxenos os Contos do Chupete para fomentar os 
primeiros contactos da infancia cos contos e os libros. Gozamos moito coa papiroflexia que nos ensinou Miguel Cortés; con Conto Xogo aprendimos que os contos non teñen por que ter xénero, e tivemos unha tarde de música e contos cos ratos de Lonxedetodo (Trinketrinke Teatro) e a súa obra “O ratiño presumido”.
Agora xa nos imos preparando para as sesións de contacontos e animación á lectura que cada último xoves de mes facemos na Biblioteca da Casa da Cultura. Non paramos!

A Biblioteca Municipal de Carral acolleu un entretido obradoiro de papiroflexia no que unha vintena de rapaces puideron poñer a proba as súas destrezas e creatividade co papel.
Seguro que repetimos.
Dentro da programación de Ler Conta Moito na Biblioteca Municipal de Carral tivemos ocasión de gozar do bo facer do debuxante Xosé Tomás. Un numeroso grupo de rapazas e rapaces tiveron ocasión de coñecer e practicar algúns dos principais conceptos e técnicas da banda deseñada. Quedamos con gañas de seguir aprendendo máis sobre o mundo das viñetas. Haberá que repetir.
Unha vez máis Charo Pita pasou pola Biblioteca Infantil de Carral para ofrecer unha fermosa e agarimosa sesión de contos para bebés.
É unha delicia ver as reaccións dos máis pequenos nunha sesión coa que pretendemos provocar o amor polos libros.
Dentro de Ler Conta Moito Igualdade de Xénero, a Biblioteca de Carral ofreceu o espectáculo do Mago Paco “Unha maxia diferente”. Pasámolo moi ben e lembramos todos aqueles valores que promoven a igualdade en homes e mulleres.



Séguenos