“Son no berce” con Cristina Collazo na Biblioteca José Saramago do CSC de Vite
“Música mais poesía”: pura emoción para as crianzas da man de Cristina Collazo.
“Música mais poesía”: pura emoción para as crianzas da man de Cristina Collazo.
Daniel Viéitez tratou de achegar aos cativos/as a importancia de comer ben, seguindo “o raposo Rufo” no seu último libro.
Un taller moi visual no que se involucran os/as pequenos/as para facelo máis divertido.
O pasado venres pasamos unha tarde moi entretida con Trécola Teatro.
Contáronnos como a chegada do circo Mariño, tiña a toda a cidade entusiasmada, o que agardaban con máis expectativa era ver ós animais salvaxes. Pero Klara, unha nena cunha sensibilidade moi especial, decatouse da tristura que albergaba o león azul, e argallou un plan para axudalo a saír da súa gaiola e que volvese a ser libre para ir en busca da súa familia.
O pasado venres 25, o rock and roll invadiu a biblioteca de Santa Marta da man de Paco Cerdeira, “Pakolas” para a cativada.
Pasamos unha tarde estupenda cantando, bailando e escoitando historias de animais como “O Furafollas”, “A quenlla Madrugadora” ou “Mero o baldomero”,incluso viaxamos na máquina do tempo de Ramona Orbita que non debe estar ben calibrada, sempre se pasa de século. Cancións e contos que xeran unha aprendizaxe con moita diversión na que participa toda a familia.
O pasado xoves 24, levouse a cabo na Biblioteca de Vite o obradoiro “Robótica na biblioteca” da man da “Escola Átomos”.
Foi unha actividade estupenda que achegou ós nenos e nenas ó mundo da tecnoloxía e da robótica. Cunhas nocións precisas os/as participantes foron quen de elaborar a súa propia “pantalla” que puideron levar para as súas casas.
Este mércores visitounos a escritora Antía Yáñez para contarnos unha historia que ela mesma viviu no patio do seu colexio. Neste conto, Antía aborda o tema da ocupación dos espazos dende unha óptica de xénero, porque a igualdade non consiste en que “os nenos fagan cousas de nenas ou o contrario”, senón que todos e todas teñamos as mesmas oportunidades, e neste caso, poder gozar todos/as do patio do colexio.
Para reforzar este concepto de igualdade a escritora mesturou no conto peculiaridades de certos animais en relación ó xénero, que son do máis interesante e encantoulles ás crianzas.
O sábado pasado os nenos e nenas puideron gozar do mundo da maxia de mans de David Méndez.
Un espectáculo moi ameno e participativo, onde se mesturou a maxia con diversas ilusións ópticas. Isto fixo a delicia de grandes e pequenos e descubrimos que o truco principal está na rapidez.

O venres, 26 de outubro, desenvolveuse está actividade que deixou abraiados ós participantes. En grupos tiveron que buscar pola habitación unha serie de pistas e enigmas que debían ir resolvendo co obxectivo de poder rescatar a Alicia, que se atopaba dentro dunha gaiola fechada cunha serie de cadeados. Os grupos tiñan que acadar os códigos para poder abrilos. Cada grupo tiña que ocuparse dun cadeado e entre todos tiñan que cooperar para poder abrir a gaiola. Moi entretida. Aprenderon moitas cousas sobre o mundo máxico de Alicia e Lewis Carroll dun xeito divertido.



Bibliodiscoteca
Como motivo da celebración do día da Biblioteca(24 de Outubro), quixemos celebralo cunha festa o día 25.
Visitounos María Faltri no centro Cívico de Vite de Santiago de Compostela coa súa Bibliodiscoteca, cunha selección dos mellores temas en galego. Organizamos unha gran festa no salón de actos, onde cantamos, bailamos, nos disfrazamos con perrucas, sombreiros, pompóns,….e sobre todo con moitas ganas de pasalo ben.


O xoves, 18 de Octubro, visitounos na biblioteca no Centro Cívico de Vite en Santiago de Compostela “O Faiado de Nin” que desenvolveu un creativo obradoiro de bolsas, onde os participantes personalizaron os seus deseños relacionados co mundo dos libros. Con fieltros, retais, cintas, abelorios…..,deron renda solta a súa imaxinación,creando unhas mochilas cheas de historias.


Séguenos