“O León azul” con Trécola Teatro na Biblioteca José Saramago do CSC de Santa Marta
O pasado venres pasamos unha tarde moi entretida con Trécola Teatro.
Contáronnos como a chegada do circo Mariño, tiña a toda a cidade entusiasmada, o que agardaban con máis expectativa era ver ós animais salvaxes. Pero Klara, unha nena cunha sensibilidade moi especial, decatouse da tristura que albergaba o león azul, e argallou un plan para axudalo a saír da súa gaiola e que volvese a ser libre para ir en busca da súa familia.
Séguenos