Pakolas en Ferreira do Valadouro: “Cores, Contos e Rocanroll”
Pakolas é un espéctaculo infantil que combina pequenos contos con moralexa coa música rock ao tempo que se van ilustrando por Laura Romero as personaxes que saen neses contos, de xeito que o resultado final é unha dinamización musical de contos cantados con guitarra e ao ritmo de rock rollo acompañada de debuxos ,na que todxs os nenos interactúan con xestos, bailes e coros ao ritmo das cancións.
Este venres 13 de setembro, tivemos ocasión de disfrutar dete espectáculo na Casa da Cultura Manuel Lourenzo do Concello de Valadouro, 140 nenos e nenas do CEIP Santa María do Valadouro foron o público afervoado que aplaudiu e coreou as cancións de Pakolas de principio a fin.





. A través das súas historias e a súas viaxes descubrimos que se pode facer música con instrumentos de cociña. Unha actividade moi amena e divertida.



O pasado venres, 9 de agosto, a biblioteca municipal de O Valadouro organizou un obradoiro para sensiblizar ós máis novos da casa sobre os poderes dunha alimentación sana. Despois, entre todos, realizaron uns contos dos poderes dos alimentos preferidos.





Cara a finais de curso académico, o pasado 19 de xuño e dentro do programa Ler conta moito, programouse desde a biblioteca pública municipal de O Valadouro o proxecto Bibliocanta.


Séguenos