Cunha moi boa participación de nenos e maiores se desenvolveu a actividade AVENTURAS NA COCIÑA, o pasado mércores 15 de abril na BPM do Vicedo. Unha sucesión de contacontos, cociña, música e diversión encheu case unha hora de actividade moi satisfactoria para todos
Nenos entre 4 e 6 anos compartiron un obradoiro creativo cos pelelliños na Biblioteca Pública Municipal do Vicedo. Todos levaron debuxos feitos polo ilustrador que se mostrou moi participativo e conseguiu empatizar perfectamente cos nenos. Unha actividade moi divertida e creativa.
Con moita presencia de nenos e nenas de Educación Primaria do Vicedo, un par de integrantes do afamado grupo Sarabela Teatro de Ourense presentaron unha actividade de animación á lectura: Conto Express. Unha actividade que trata de achegar o mundo dos contos tradicionais ós máis pequenos e difundir a imaxinación e a lectura. A actividade resultou moi entretida e das máis relacionadas coa promoción da lectura e da biblioteca.
Unha fermosa actividade tivo lugar este pasado venres 2 de maio no Vicedo. A Asociación musical musicreques presentou o seu espectáculo As Aventuras de Quebranoces para unhas 70 persoas onde predominaban os nenos de primeiro ciclo de primaria. Os nenos disfrutaron coas aventuras por todo o mundo de quebranoces e coa música en directo. A actividade resultou altamente recomendable.
Séguenos