Lobo bobo, con Elefante Elegante, na Biblioteca AML de Chapela


VER NO BLOG DAS BIBLIOTECAS DE REDONDELA: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2017/03/os-lobos-mais-divertidos-invaden.html
Guardar
Guardar
Guardar


VER NO BLOG DAS BIBLIOTECAS DE REDONDELA: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2017/03/os-lobos-mais-divertidos-invaden.html
Guardar
Guardar
Guardar
Coñecendo a Joan Miró e ao Surrealismo, pero tamén achegándose ás historias clásicas de Andersen, os cativos e cativas que participaron onte nesta actividade non esquecerán esta tarde tan divertida.

Grazas a Tarabelos pola súa magnífica proposta literaria e artística para a rapazada de Chapela.

E, por suposto, unha boa actividade artística, anima aos lectores a achegarse aos libros de arte. Aquí volos presenta a biblioteca!

VER MÁIS NO NOSO BLOG:http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2016/10/a-biblioteca-de-chapela-celebra-con.html
Este venres a rapazada de Chapela gozaron dunha tarde fabulosa con Andrea e mais os Piñeiriños, que lles contaron e cantaron moitas historias sobre as emocións.

O noso espazo dos contos encheuse de cativos e cativas de 2 a 6 anos, que escoitaron, cantaron, bailaron aprenderon e se divertiron a través desta sesión tan animada de contos.

Pasámolo moi ben. Grazas aos cativos, pero tamén aos adultos acompañantes por asistir.
VER MÁIS NO NOSO BLOG: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2016/09/mergullamonos-nas-emocions-con-andrea.html

Este pasado venres a Biblioteca de Chapela achegou o verán aos cativos e cativas da contorna co contacontos “Comechíns”.
Alba Bermúdez, de Triatreros, achegouse á biblioteca cunha caixa chea de contos, algúns deles moi coñecidos polo público asistente, cos que animou aos cativos participantes a ser os mellores comedores, e a procurar receitas sás e equilibradas, nas que comer “de todas as cores”.

Comechíns, lecturas recomendadas pola biblioteca
Na biblioteca aproveitamos para recomendarlles os asistentes moitas lecturas e contos “gorentosos” que non se debían perder. E case todos marcharon para as casas destas familias participantes nos contacontos, para encherlles de novo os ouvidos de historias e diversión.
VER MÁIS no BLOG das BIBLIOTECAS DE REDONDELA: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2016/06/os-comechins-aprenden-comer-co-contos.html

Os contadores Polo Correo do Vento achegáronnos as aventuras da saramaganta Roi en “O poeta do Miño”, unha historia que homenaxea a Manuel María.

Nenos e adultos gozaron dunha historia na que os protagonistas percorrían o Río Miño, seguindo moitas das paisaxes contadas e poetizadas por Manuel María, e tamén coñecendo algúns dos seus poemas.
Ao rematar a historia, aprenderon con Carlos Taboada, o ilustrador, a debuxar unha caricatura do noso poeta lucense.



O grupo Pavís Pavós achegounos esta tarde na Axencia Municipal de Lectura de Chapela unha xenial xornada de contos e xogos.
Ladaíñas, cantigas, arrolos e moitos recursos da nosa tradición oral nunha tarde para compartir pais e nais cos seus máis pequenos.
Ver máis no blog das Bibliotecas de Redondela: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2016/04/contos-para-bebes-gozando-en-chapela.html

Os libros da miña casa tolearon por completo. A cada un aconteceulle un suceso incrible e viaxan nunha maleta de acá para alá querendo contar cadaquén a súa historia. Hainos de todo tipo: tímidos, divertidos, intrépidos, deliciosos, ¡pero… ai! Coidado e prudencia, con cautela temos que escoitar algún dos seus relatos, tamén cousas escalofriantes contan estes libros, pois de todo lles pasou.
E con todo, todiño, divertímonos unha chea na Axencia Municipal de Lectura de Chapela, conmemorando o Día da Biblioteca con Carme Domech e as historias que cada libro “persoalmente” íanos contando
Este xoves os rapaces e rapazas asistiron a un obradoiro na biblioteca de Chapela, onde puderon coñecer de primeira man as regras da escrita exipcia, así como moitas curiosidades das costumes e o xeito de vivir desta cultura milenaria.
Con Eugenia Muñoz os rapaces practicaron este xeito complicado de escribir, os misterios das súas regras e códigos, e gravaron os seus nomes en barro.
VER MÁIS NO NOSO BLOG.
O fantástico grupo de títeres Tarabelos tiña unha misión moi importante este pasado venres, pois abría para os máis cativos (e os un pouquiño máis crecidos) o festival máis grande de todos os tempos na nosa biblioteca. 
Con este tan singular e grande festival festexabamos o X Aniversario da Axencia de Lectura Municipal de Chapela, e tiñamos moitas actividades e actuacións, pensadas para diferentes públicos e idades.
Tarabelos non decepcionou, senon que nos deixou moi bo sabor e moita enerxía para continuar con moitas máis actividades nesa tarde tan memorable.
No blog das bibliotecas de Redondela podedes ver máis información sobre toda a actividade.
Na Axencia de lectura municipal de Chapela vimos de gozar da maxia dos contos de Charo Pita.
Desta vez a magnífica contadora nos trouxo o seu espectáculo para cativos de 0 a 3 anos. Un primeiro contacto coa biblioteca para estes nenos, que saíron entusiasmados coa experiencia.
Ver máis no Blog das Bibliotecas de Redondela.


Séguenos