Contacontos de verán con Chus Otero na Biblioteca de Chapela
Con Chus Otero puxemos en marcha un contacontos estival, co que arrefriar o sofoco das altas temperaturas que viñamos pasando estes días.
- Contín Contón
- Sete ratos cegos
- A que sabe a Lúa
Con Chus Otero puxemos en marcha un contacontos estival, co que arrefriar o sofoco das altas temperaturas que viñamos pasando estes días.
Luis Solla achegouse á Biblioteca de Chapela no primeiro venres de xuño, para encher a nosa primavera de contos de animais.
Da súa maleta foi sacando contos impresionantes, efectos visuais, animáis divertidísimos e algúns trucos de maxia.
Ademáis, a súa mascota convidounos a todos a ler moitos contos, facendo grandes amizades cos nosos cativos. Os máis ousados, posaron para facer con eles dous esta fermosa fotografía.Podedes ver máis neste enlace ao Blog das Bibliotecas de Redondela.
O 14 de Maio, e como xeito de celebración do Día das Letras Galegas, celebramos co noso Club xuvenil de lectura o obradoiro de creatividade literariada man do compositor e titiriteiro Luis Vallecillo.
Luis faloulles da capacidade innata que todos temos para crear historias e para sacarlle partido á nosa imaxinación, e estableceu con eles algúns modos de facer para conducir a creación dun conto, dun guión, unha canción, un poema…
Os nosos novos creadores escolleron facer un conto, e xuntos elaboraron as bases dunha historia que, pouco a pouco, poderá ser matizada, retocada e perfilada por cada un deles, engadíndolles o seu toque, os seus detalles, e amoldándoa para facela máis atractiva ao gusto de cada un.
Ver máis neste enlace ao Blog das Bibliotecas de Redondela.
O xoves 25 de Abril gozamos na Biblioteca de Chapela dun momento máxico con Ana Hermida, unha incomparable recitadora de Rosalía de Castro.
Caracterizada como a poeta de Padrón, e a través de versos, pero tamén daqueles textos en prosa menos coñecidos da súa obra, a nosa intérprete nos achegou unha faceta bastante diferente de Rosalía: forte e paixoal, feminista, irónica cos costumes do seu tempo… facetas que algúns pouco coñeciamos dela.
A actividade realizouse dentro da programación da “V Semana do Libro”, elaborada conxuntamente polas bibliotecas municipais e o Servizo de Normalización do Concello de Redondela; e grazas, tamén, á participación do programa Ler Conta Moito, promovido pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Ver máis neste enlace ao Blog das Bibliotecas de Redondela.
Séguenos