“Contamos todas”, Avelino González narra para adultos na Biblioteca Xela Arias de Chapela



Este xoves a Biblioteca Xela Arias de Chapela encheuse a partes iguais de entusiastas da ciencia e da experimentación e mais de aguerridos lectores, amantes da maxia e da fantasía e fans da saga Harry Potter.
O grupo Ceo Aberto non defraudou, e achegou abraiantes experimentos científicos a un público ilusionado e con gañas de participar.
A actividade colgou o cartel de “non hai entradas”.
VER + NO NOSO BLOG: https://bibliotecasredondela.blogspot.com/2019/10/ciencia-e-fantasia-para-cativar.html
O grupo Trémola Teatro conquistou o corazón dos máis cativiños de Chapela, e tamén das súas familias, ao achegarnos onte a belísima narración sensorial “Que animaliño é?”. A actuación foi unha festa que encheu a biblioteca de cativos e aledou con sorrisos a nosa tarde.
VER +: https://bibliotecasredondela.blogspot.com/2019/10/teatro-para-bebes-na-biblioteca-de.html
O mago Pedro Bugarín achegou maxia, fantasía e imaxinación aos escolares da nosa parroquia, onde alumnado de 5º e mais de 6º de primaria dos tres centros de ensino da parroquia, e mais os estudantes de 1º da ESO pasárono en grande cunha sesión de maxia emocionante e divertida.
A Biblioteca municipal Xela Arias de Chapela ofreceu a actividade Maxia para Todxs dentro do programa Ler conta moito Igualdade.
VER + NO NOSO BLOG: https://bibliotecasredondela.blogspot.com/2019/09/maxia-en-igualdade-para-os-centros-de.html
A poesía encheu as paredes da biblioteca Xela Arias de Chapela, coa visita da poeta Yolanda Castaño.
Yolanda Castaño achegouse á Biblioteca Xela Arias para Baseándose no seu poemario Coller as rendas. Nel os membros máis singulares do noso animalario (berberechas, cascudas, carrachas, escaravellas, ourizos) protagonizan decisións valentes sobre as súas vidas.
VER + NO BLOG DAS BIBLIOTECAS: https://bibliotecasredondela.blogspot.com/2019/09/contaconteando-en-verso-con-yolanda.html
Por vez primeira recibimos no noso Concello ao magnífico narrador Os contos de Pablísimo, e a expectativa non defraudou. Pablísimo achegounos historias divertidas, sorprendentes e máxicas co seu contacontos “O Paroleiro”.
Contos clásicos e novos como:
– Dona Carme
– Medio elefante
– O sultán e os ratos
– Os tres porquiños
Atraparon a nenos e grandes nun espectáculo que non perdeu intensidade e emoción en ningún momento. Un agasallo sonoro e visual que nos deixou moi bo sabor de boca neste comezo de outono.
Un contacontos cheo de maxia e emotividade o que gozamos na Biblioteca de Chapela a pasada tarde. Varios son os motivos que fixeron de este encontro coa literatura oral unha xornada para ter nos nosos recordos.
En primeiro lugar, porque nos atopabamos na véspera celebración do 50 aniversario das Bibliotecas Municipais de Redondela.
En segundo lugar, e máis especial aínda, polo que supuña para a contadora, a magnífica Fátima Fernández, de cara ao seu regreso ás sesións de contacontos, logo dun tempo de necesario parón. Sentímonos moi ledos por converternos nese escenario máxico para a contadora, que recibiu un recibimento moi caloroso por parte do público.
Pero, quizáis, o motivo máis especial que nos enche de emoción foi atopar a satisfacción dos asistentes á actividade. Ademáis de público que asistía de xeito particular, contamos cun grupo de socios e socias de UDP (Unión Democrática de Pensionistas) de Redondela, que xa teñen repetido a experiencia de asistir aos espectáculos de narración oral connosco, e tamén cun grupo de usuarios de Hermanos Misioneros, de Teis-Vigo, que se achegaban por vez primeira á biblioteca.
Ver e vivir a satisfacción destes participantes foi un motivo de grande gozo para unha rede de bibliotecas que ven de cumprir o medio século.
VER + NO BLOG DAS BIBLIOTECAS: http://bibliotecasredondela.blogspot.com/2018/09/os-contos-da-nai-da-mina-nai-narracion.html
No pasado xoves a rapazada do obradoiro Verán con Simona do Multiúsos de Chapela achegouse á biblioteca para participar nun obradoiro creativo.
Con Fotoconto, realizado polo grupo de animación Eduvía, xogaron xuntos a elaborar e narrar a súa propia aventura. A partir das fotografías dos participantes, cunhas boas doses de imaxinación e grazas ao tratamento dixital das imaxes, os cativos crearon un conto dinámico, enxeñoso e cheo de acción desbordante, onde o humor coas situacións e as personaxes máis variopintas adoptaron o seu protagonismo.
VER MÁIS FOTOS E O CONTO REMATADO NO NOSO BLOG: http://bibliotecasredondela.blogspot.com/2018/07/fotoconto-rapazada-de-veran-con-simona.html
Cris de Caldas e Xabi do Camiño achegáronse á Biblioteca de Chapela para agasallar con contos aos máis cativos. Entre emoción, risas, sorpresas e algún choro, os nosos contadores deixaron a pegada das historias ben contadas a pequenos e grandes.
Xogamos ao avión, a ver se o neno come….
O caracol saca os seus cornos ao sol
Contos, sons, rimas e arrolos acompañaron este espectáculo, tratando de distraer e convencer e a ese neno que non quere comer.
A xoaniña tamén nos acompaña contándonos historias
VER MÁIS SOBRE A ACTIVIDADE NO NOSO BLOG: http://bibliotecasredondela.blogspot.com/2018/06/divertido-contacontos-comera-o-bebe.html
Guardar
Guardar
Séguenos