“Sentindo emocións” de Tania Justo na B.P.M. da Guarda
“Sentindo emocións” é un cantacontos moi interactivo no que nenos, nenas e familias viviron as diferentes emocións a través da música. Está baseado no conto “O monstro de cores”. 
“Sentindo emocións” é un cantacontos moi interactivo no que nenos, nenas e familias viviron as diferentes emocións a través da música. Está baseado no conto “O monstro de cores”. 
Nenos, nenas e familias gozaron dunha divertida actuación de Batucado & Emusin. Xuntos aprendemos a importancia da amizade como medio para acadar grandes logros. 
Na Guarda celebramos o Día do Libro cos “Contos do gato” de Bandullo Azul. Nenos, nenas e familias, disfrutaron dunha tarde divertida coas historias do gato Fazulas. Houbo música e moitas risas.





A bruxa Maruxa non quere ser bruxa, quere ser contiñeira. Filla, Neta e Bisneta de Bruxas, esta rapaza irá contando a súa historia á vez que introduce no diálogo contos da literatura galega e algunhas cancións populares. Ademais, buscará a participación activa dos asistentes na repetición das cantigas, meigallos e na narración dos contos.
Nenos, nenas e familias participaron con entusiasmo, cantaron, bailaron e botaron unhas risas.


“Trispilistriñas. Contos para bebés” é unha actividade de narración oral destinada a bebés de entre 0 e 3 anos e acompañantes cunha duración aproximada duns 35 minutos. “Trispilistriñas trispilistriñas o que non come non ten barriguiñas, trispilistrolas trispilistrolas o que non come non ten barrigolas.” Temos unha riqueza espectacular na nosa tradición oral que precisa ser recuperada. Sesión de contos, arrolos, cantos, xogos e ladaíñas para bebés e acompañantes.
Nenos, nenas e familias pasaron un bo rato de lecer e participaron activamente na actividade.
Un evento de maxia divertida para nenos e nenas a partires do 3 anos de idade cunha duración aproximada duns 50 minutos onde o Mago Paco presenta unha morea de contos e historias a través de xogos e da maxia, que levará a nenos, nenas e maiores a descubrir a “maxia divertida” que agochan os contos. Grandes momentos de risa, sorpresas e moita diversión.
O Principiño visitou A Guarda cunha mensaxe para nenos, nenas e familias: Fai da túa vida un soño e de teu soño unha realidade! “O Principiño en figuras de luz” é un espectáculo da AC Jóvenes Científicos que transmite mensaxes do libro “O Principiño” mediante figuriñas luminosas. Nenos, nenas e maiores disfrutaron dun espectáculo de luz, cor, ciencia, e palabras.

Soledad Felloza fixo as delicias do público adulto que asistiu ao contacontos con grande interese e particicipación.
“Entre o caravel
e a rosa-Contos escollidos de Emilia Pardo Bazán”: Así cantaban as coplas no Madrid que veu a dona Emilia loitar por un lugar no Ateneo, nas tertulias, na Biblioteca Nacional. Neste espectáculo contaremos historias que amosan a esencia solidaria, dunha das máis grandes mulleres da literatura universal co gallo da celebración do seu centenario.




Séguenos