CARLOS CASARES con Maxia e Música na Biblioteca Pública de Meis


Unha tarde moi participativa chea de actividade e emocións, na que viaxamos polos distintos continentes recollendo un conxunto de historias narradas e musicadas da man de Andrea Vázquez, acompañada dos seus amigos “Os Piñeiriños” cos nenos e nenas da Biblioteca Pública de Meis.



En conmemoración ao DÍA DO LIBRO celebrado este domingo 23 de abril, onte luns pola tarde coa comunidade escolar de secundaria do CPI Mosteiro, descubrimos que un libro amais de ser lido, donde nos contan historias e transmiten ideas e coñecemento; tamén podemos escoitalo a través dunha lectura musical interpretada. E así foi cun formato de charla-concerto como, SIRGO TORCENDO nos deixou introducir nese universo oculto que agochan as obras, interpretado con instrumentos como portativo, laúde, cítola, frauta, guitarra, arpa e unha espectacular voz, facendo protagonistas obras que forman parte do fondo da nosa biblioteca e en especial á literatura galega.

O mércores pasado puidemos saborear unha sopa de cocido solidaria na Bilbioteca Pública do Concello de Meis coa actividade COCER E CANTAR de Seisdedos.
Unha sesión moi divertida, dinámica e participativa na que todas e todos os participantes xunto cos máis cativos e cativas estimamos moi divertida e da cal saimos cun gran sorriso.



Con sensibilidade e grandes doses de humor Fátima falounos de Castelao e da vida … e de historias e contos de agora e de antes. O 26 de outubro fíxonos disfrutar nesta nova sesión do seu repertorio

O día 21 de outubro actuaron na nosa Biblioteca os persoaxes de Choupiña e Tranón de Forma Teatro. Con poesía, canción e contos deleitaron a un público de grandes e pequenos.
O pasado 20 de maio pechamos na Biblioteca Municipal de Meis a tempada de primavera coa presenza da compañía Elefante Elegante e a súa obra O Aviador, que estaba incluída dentro da campaña da Consellería de Cultura Ler conta Moito. Acudiron case un cento de nenos e adultos que gozaron da maravillosa obra mestura de teatro de sombras, monicreques e contacontos. Unha vez máis, agradecer a tódolos veciños a súa participación nesta e noutras sesións.
Até pronto!
O pasado 25 de marzo Marisa Irimia engaiolounos cunha sesión de contacontos para bebes e pequechos titulada “Contos de marmeleiro, anís e limón” dentro da XVIII Campaña de animación á lectura da Biblioteca Pública Municipal de Meis en colaboración coa campaña Ler conta moito da Xunta de Galicia. Acudiron á chamada máis de 30 nenos e nenas do concello así como doutros limítrofes. Dita actividade supón o comenzo da tempada de animación que continuará até fin de curso.



Séguenos