Unha “marabilla marabillosa” 😍foi o espectáculo conducido por Raquel Queizás este pasado venres, no Auditorio do Multiúsos da Xunqueira de Redondela …E que sorpresas encerraba que ninguén se esperaba🤩!!!
Contos e música pola igualdade con María Faltri e Jorge Juncal“Ela, soña con sentirse en paz e liberar os seus segredos, sen ser xulgada polo seu aspecto e a súa identidade, libre para ser ela mesma e chegar a tocar a lúa. Decidida a emprender a súa viaxe emocional e manifestar o seu poder interior“

Cando se sae dunha actividade con ansias de que durase máis e máis, é que foi un éxito e gozouse unha chea😀; así, no obradoiro de iniciación á caligrafía chinesa co que os clubs de lectura iniciaban o novo curso.



Os rapaces, de 6 a 12 anos, coñeceron, da man de Ciencia en Ruta, a personaxes como Julio Verne, Isaac Peral e Antonio Sanjurjo Badía. Así mesmo realizaron experimentos relacionados coa densidade a través da “construción” dun submarino e a comprobación do seu funcionamento. Tamén se introduciron no mundo submarino e a ciencia ficción do autor francés a través do relato “20.000 leguas de viaje submarino” desde un “ kamishibai”.
O pasado 9 de xuño, sábado, día chuvioso e gris, ás 18:30 h. xurdía luz, cor e música de mans de Migallas Teatro, co seu espectáculo Canta connosco!, e de innumerables amig@s de todalas idades que se reuniron para unha entrañable conmemoración dentro deste ano do 50 aniversario das bibliotecas de Redondela: a mascota das mesmas, Leolo o Contadelo, cumpría 10 anos de vida.
Un espectáculo dirixido aos nenos e ao público familiar, no que se combinaron as cancións co teatro, e no que gozamos todos


Séguenos