O 28 se marzo na Biblioteca Pública de Pontevedra conmemora o Día Internacional do Teatro cun divertido espectáculo de monicreques e maxia da man de Manuel Solla.
Os nosos xa coñecidos amigos os ratos de Trinketrinke chegaron á Terra de Soneira e fixeron unha parada na Biblioteca Municipal de Zas. Neste caso, Camifuco Ratoncio e Lilí Gruyére.
Precisaron algo de axuda das nosas nenas para demostrarnos que cando temos algo e os outros non teñen.. é mellor compartir…
e axuda tamén dalgúns papás, mamás, avós e avoas que colaboraron gustosamente.
Moito nos gustaron os contos que nos contaron!!!
Expresión Produccións achegou ata a Axencia de Lectura “Conto contigo”, un espectáculo de animación á lectura cunha selección de contos, apoiándose nos monicreques e da maxia, creou un espectáculo moi dinámico onde todos participaban.
A narración oral viña acompañada pola manipulación de animais de xoguete, libros e obxectos escénicos que saían da maleta do narrador e que era o nexo común da narración.
Nun principio o narrador pregunta aos participantes se atoparon a Flint, un rato de biblioteca de cor branco, e fai mención do uso responsable dos libros como ferramenta de coñecemento, preguntando aos nenos e nenas se sabían como tratalos.
Despois contou un primeiro relato sobre as peripecias de Juan, un neno que desexaba unha mascota, aludindo á actitude responsable das persoas ao ter una mascota. Utiliza a vocalización para cada unha das personaxes. Despois do conto pediu aos nenos que subiran ao escenario a imitar un animal que o publico tiña que adiviñar.
No segundo relato, O tiburón Conrado, conta as peripecias dun tiburón que naceu sen dentes e que so comía algas e vexetais e que, ao ser diferente, era obxecto de burlas polos demais da manada polo que decidiu marchar. Os asistentes aprenderon unha canción que interpretaron nalgúns momentos do conto co narrador.
Para rematar, o narrador solicitoua a axuda de dous nenos do público que souberan ler e escribir para a realización dun truco de maxia que deixou a todos os asistentes abraiados.
O artista ao final da sesión fixo unha enquisa sobre o visto no espectáculo , preguntando que partes da actividade gustaran mais e o grado de aceptación do público ao que ía dirixido.
Preto de 50 nenos e nenas acompañados dos seus familiares asistiron a “Conto contigo”. O artista engatusou a grandes e pequenos cun ameno espectáculo, onde o espectador estivo participativo dende o principio para axudar ao desenvolvemento das historias.
Co gaio da celebración do Día da Poesía , o artista Carlos Coira fixo as ledicias de cativ@s e maiores cun fantástico espectáculo de maxia, teatro e poesía, onde a palabra foi a protagonista.
O pasado día 27 de setembro Lilí Gruyére despois de recibir o encargo profesional da dirección musical de “A ratiña presumida” escolleu a biblioteca de Irixoa para realizar a presentación da súa versión “O Ratiño Presumido”. Como aínda non tiña reparto realizou un casting entre as persoas asistentes, que representaron a súa obra na biblioteca.

O luns, 14 de outubro, tivemos a actuación do grupo Migallas teatro coa súa obra “Canta-Contos”.
Foi unha longa sesión, onde todos o pasaron estupendo, tanto cos contos como coas cancións que facían máis atractivos os contos.
Dende un principio tanto a música como o xeito de contar os contos, o ritmo, a escenificación… engaiolaron tanto a nenos e nenas como aos seus pais e nais.
Unha boa experiencia.

O pasado venres, a biblioteca municipal Casa dos Fraga de Cambados recibíu a visita de Alicia, da man dos Títeres Cachirulo.
Durante unha hora os pequenos e familias que alí se achegaron puideron gozar das aventuras de Alicia no país das marabillas e os seus encontros con personaxes tan disparatadas como o coelliño branco, a raíña de corazóns, a eiruga verde etc.
Durante este mes de outubro estendemos a varias xornadas a celebración do Día das Bibliotecas.
Grazas ao programa Ler conta moito, ademais dos Titeres Cachirulo, poderemos gozar o vindeiro venres de Aldaolado e a súa música a través do seu espectáculo “Con dez poemas por barba”…estades todos convidados!
“Mario” foi a segunda actividade dentro do programa de Ler Conta Moito que a biblioteca de Meira realizou e dirixida a un público de cuarto, quinto, sexto de infantil e primeiro ciclo de primaria do CEIP de Meira. Foi unha actuación que tivo como protagonista o libro e a biblioteca. Matapiollos Teatro SC foi o encargado da representación que tamén se realizou no Centro Socio-Cultural de Meira lugar onde está ubicada a biblioteca. O obxectivo era acercar o mundo dos libros ó público miúdo para máis tarde facer unha visita real á biblioteca do Concello para que eles foran os principais protagonistas.


Séguenos