Levantate, Xan! no Casal de Ferreirós (Poio)
Onte pola tarde estivo con nos, Caxoto, coa sua contada musicada, Levántate Xan!. Os bebes desfrutaron coas cancións e cos animais da granxa!
Onte pola tarde estivo con nos, Caxoto, coa sua contada musicada, Levántate Xan!. Os bebes desfrutaron coas cancións e cos animais da granxa!
O 28 de abril, a partir das 17.30 h, tivo lugar na Biblioteca do Grove “Paxariños” a cargo de Trinketrinke Teatro.
Vanessa, actriz condutora da actividade, ten un xardín, turelí. No xardín hai un niño, tureló. No niño hai un ovo, turelí. Espera que dese ovo enorme que nos mostra, naza un paxariño. E fai tódolos preparativos necesarios para recibilo da mellor maneira posible.
A música, os obxectos e a narración a xeito de cantarela cautivaron a atención do público asistente.


Xavier Muro trouxo o seu espectáculo de maxia á biblioteca tudense, baseado no azar das letras e as palabras, nos nomes dos participantes, a partir dos cales foi creando o seu xogo de maxia que encantou a grandes e pequenos.


Día 25 de outubro de 2022 ás 11:30 en Escairón
Seguimos celebrando o mes das bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
da man do Mago Paco
o 25 de outubro, ás 11:30 na biblioteca
Con contos e trucos pasamos o rato co Mago Paco.
Recibimos algún susto (por eso de que estamos a poucos días do día de Samaín e había que sentir medo) e sorprendémonos cando a serpe do mago desapareceu e se trasladou. Ou cando sen agardalo o mago pegou un berro!

O susto máis grande foi cando prendeu lume no libro que dicía QUE NON SE ABRIRA BAIXO NINGÚN CONCEPTO SE ABRIRA EN PRESENZA DE NENOS E NENAS!

Pero quedamos coa boca aberta cando a baralla se ía facendo cada vez máis diminuta:

Quen sabe como fixo todos eses trucos?
O sábado 22 de outubro ás 18.00 h e con motivo de festexar o Día das Bibliotecas dentro do Ler Conta Moito, a Biblioteca Municipal de A Illa de Arousa recibiu a visita de Mere Clown que nos deleitou con “Circo na Casa”.

Foi unha tarde moi divertida chea de humor absurdo onde os roles entre as mulleres e os homes non están marcados.

Parabéns!!!
E para rematar este ano a programación de Ler conta moito , celebramos o Día Das Bibliotecas co espectáculo “Lúa” de Teatro Gazafelhos. Un espectáculo divertidísimo , dinámico e participativo con Montse e Pablo que sempre triunfan e deixan aos nenos , nenas e maiores abraiados . Ademais unha obra chea de valores , a tolerancia, apreder a compartir, a paz e a non violencia, todo moi apropiado para estes tempos que estamos vivindo.
Quedamos encantados de volver ter con nós a Montse e a Pablo!!


Quen dixo que as tardes de outono son aburridas? Hoxe en Carnota pasámolo en grande con Música Miúda e as animadísimas Historias de Bemol Pequeno. Marabilloso espectáculo para cantar, bailar e desfrutar en familia.
Por nós, que chova!

Outubro, Mes das Bibliotecas
Hoxe estivo Tarabelos na Biblioteca de Portonovo coa súa proposta “O traxe novo do rei”, que aínda a ser un conto ben coñecido non deixou de sorprender ca súa particular versión cuns títeres fantásticos.

o traxe novo do rei
Tanto os nenos e nenas coma os maiores disfrutaron e pasaron un bo rato, participando da actividade, rindo, aplaudindo e cuestionando ó propio conto, tanto que ás veces os pais e nais rían coas ocurrencias dos pequenos.

Ó rematar a sesión xa houbo quen se levou o conto en préstamo para ler na súa casa…eso é o que máis nos gusta ós bibliotecarios!!!
Moitas grazas a Tarabelos por esta magnífica sesión!
E ata a próxima 😉
Na tarde do xoves 20 de outubro, Pablo Díaz visitou a Biblioteca Municipal Os Templarios (O Temple-Cambre) para ofrecer unha deliciosa sesión de contos, coa música como fío condutor. ‘Cantacontos para bebés’ serviu de estímulo para os máis cativos, tratando temas e rutinas adaptadas e propiciando un estupendo ambiente familiar na biblioteca de O Temple.



Séguenos