“A cabaza encantada” na Biblioteca de Portonovo



O pasado venres gozamos na Axencia de Lectura Municipal de Carnota dunha tarde repleta de contos en clave de igualdade, da man de Talía Teatro. Rosa Caramelo, e outras historias é un espectáculo teatral creado a partir dunha serie de contos contos de Adela Turín para lles dar unha volta aos roles e estereotipos de xénero. A historia dos bonobos con lentes, Artur e Clementina e Unha feliz catástrofe, integran esta montaxe, máis que recomendable para desmontar prexuízos sobre actitudes e aptitudes de mulleres e homes.


O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas, unha efeméride moi especial que aproveitamos para traer cada venres de mes un espectáculo de animación para toda a familia. Un xeito de reivindicar o libro e a lectura a través do teatro, a narración oral e a música. Ler máis →

O pasado martes 5 de outubro, Paco Nogueiras co Radio Bulebule, transmitiu na radio en directo un divertido programa cheo de humor, baile e cancións. As letras das composicións e as melodías destacaron polos ritmos modernos, pegadizos e bailables coa participación do todo o público.

A Biblioteca da Laracha acolleu a Trinke Trinke cos ratos de Lonxedetodo.

Onte a tarde encheuse a biblio de música, poesía e paz con Soñando inventei de María Faltri e Jorge Juncal. As cancións que se interpretaron no espectáculo forman parte do libro disco “Fantasía coas palabras”. Neste concerto mestúrase música e poesía que conta como sentirse en paz, fala de persoas que non queren ser xulgadas polo seu aspecto ou identidade, libres para ser elas mesmas.

Hoxe día 14 de outubro, continuando co Ciclo Ler Conta Moito, pasou pola “Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé de Fene” o grupo Trémola Teatro, co seu espectáculo “Qué animaliño é?”. Os máis pequenos non perderon detalle dos diferentes animais que ían aparecendo na súa narración, nin dos segredos que éstes contaban. Unha actuación chea de cor, alegría e música que non pasou desapercibida nin a pequenos nin a maiores.


A través das anécdotas e das cancións, Magín Blanco amosounos o que agochaba na súa maleta, para elo contou coa grande axuda do público, que participaron bailando, cantando e resolvendo aquelas cuestións que Magín lles foi plantexando.

En “Tardes de Contos e Lendas” desfrutamos da actuación do grupo “Rigoletto Teatro”. O pasado venres 8 de outubro, foi unha tarde de lecer en boa compañíA. FACENDO BIBLIOTECA!



Séguenos