” A festa dos monicreques” na Biblioteca Pública Municipal San Francisco
O martes 25 de agosto as 11:30 horas contamos coa presenza de María Larraitz, que coa súa experiencia como titiriteira fíxonos pasar un momentos moi divertidos e musicados.


O martes 25 de agosto as 11:30 horas contamos coa presenza de María Larraitz, que coa súa experiencia como titiriteira fíxonos pasar un momentos moi divertidos e musicados.





O venres 7 de agosto contamos coa sesión de conta contos moi entretida e divertida.


Así de atentos e participativos estivo o público.
O pasado 6 de agosto veu á Biblioteca Municipal de Beariz o mago Pedro Bugarín co seu espectáculo “Maxia para todos”. Disfrutamos moito cos seu trucos. Esperamos que volva pronto
O frautista de Hamelín pasou por Xermade.
A compañía Moc Moc presentounos en Xermade “A verdadeira historia de Hamelín” un espectáculo de clown e malabares que fixo unha adaptación circense do conto clásico alemán “O frautista de Hamelín”. Mere engaiolou a grandes e cativos nesta actividade de dinamización lectora.

A Biblioteca Municipal de Ponteareas tivo o pracer de contar con Pinconús Teatro, a cargo de Carlos Coira, o martes 11 de agosto.
Utilizando como pretexto o mundo das palabras e dos libros, Carlos Coira, mostrounos a súa obra Abrapalabra, que nos permite gozar da maxia das palabras. Con elas podemos xogar e xa vimos que o resultado é do máis divertido, e de paso aprendemos algúns truquiños de maxia que espertaron a curiosidade das/os máis cativas/os e das persoas adultas.
Foi unha actividade moi dinámica, onde as/os máis cativas/os estiveron implicadas/os e participando dende o primeiro momento. Algúns dos trucos crearon verdadeiro interese e admiración, todo isto acompañado de música, libros e, como non podía ser menos, moita maxia!

Contacontos musical a cargo de Xiada, de Animar-t, realizado dentro do programa Ler contamoito. Os nenos e nenas de Guitiriz disfrutaron un montón coa actividade.


Valoración da actividade dos nenos e nenas que asistiron.

O pasado día 13 de agosto o chef Caxoto achegounos unha chea de receitase e elaborounos un menú con ingredientes de igualdade co que desmontar os estereotipos de xénero e os micromach
ismos cociñados a lume lento ao longo da historia. Un prato de bo gusto onde entre risas, contos e sorpresas afinamos o noso padal na igualdade e
contra os estereotipos de xénero.



Música, debuxos e contos. Divertidísima sesión.


Séguenos