“Conta Músicas” na B.P.M. a Ponte
Venres 29 de agosto as 11 horas, a biblioteca encheuse de maxia coa visita dun contacontos moi especial. A actividade levounos de viaxe á Prehistoria, combinando narración oral con música en directo.

Venres 29 de agosto as 11 horas, a biblioteca encheuse de maxia coa visita dun contacontos moi especial. A actividade levounos de viaxe á Prehistoria, combinando narración oral con música en directo.

Galerna Crúa achegouse o venres a Pereiro a facer que tanto nenos como adultos pasasen unha tarde do máis divertido. Suso, o zorro, e a súa inseparable amiga a xoaniña, contáronnos contos de abellóns, pulgóns, formigas, achegáronnos a montaña Laureana en Peña Trevinca onde a galiña Josefa tiña ovos de ouro. Entre conto e conto, o público asistente foi partícipe da actividade en todo momento a través de moitos xogos, e sobre todo, moitas risas.

O martes 19 de agosto as 11 horas tivemos unha sesión de contacontos con títeres, función dinámica e divertida. Narrou a viaxe dun cabaleiro que atrapado na súa propia armadura, afastouse da súa familia sen decatarse. O seu fillo xa non lembra a súa cara e a súa muller está cansa de non recibir atención. Grazas á axuda de diversos personaxes, volta a ser o mesmo de antes.


O pasado 1 de agosto tivemos o pracer de desfrutar do espectáculo do Mago Paco no Concello de O Irixo.
Unha actuación onde o que máis destacaríamos foi o espíritu participativo de todas e todos os nenos asistentes. Houbo maxia, diversión e interacción!
Foi xenial!
Animado e moi plástico espectáculo musical, estupendamente levado a cabo por “2plicas”, que fixo as delicias de crianzas e persoas maiores asistentes.
O pasado domingo 27 de xullo visitounos no Irixo Paco Nogueiras co espéctaculo Radio Bule-Bule convidándonos ao público a vivir un programa de radio en directo, cheo de música, humor, baile e seccións como o tempo ou os deportes.
Unha proposta fresca e orixinal, non é de estrañar que este traballo fora galardoado.
Animámosvos a todos a sincronizar Radio bule-Bule!
O luns 28 de xullo Milmañas e Maruxiña, os protagonistas desta actuación, abrironlle ás portas da súa casa, unha vella foresta cargada de amor polo lecer da nosa cultura, ás nenas e aos
nenos participantes no Campamento de verá
n que organiza o Concello de Irixoa.




Os nenos/as do Campamento a través do programa Ler Conta Moito da Biblioteca, disfrutaron dunha mañan chea de maxia da man da Maga FANI pasando a mañan dun xeito diferente,ademais algúns axudantes puideron participar do “encantamento “.
Martes 22 de xullo as 11 horas tivemos a visitas de dous piratas moi especias, contou cunha alta participación do público infantil, que colaborou activamente con xestos, cancións e bailes. A aventura pirata resultou divertida e dinámica, mesturando misterio, humor e aprendizaxe sobre a vida no mar.


Na mañá do 10 de xullo a cativada do campamento de verán e outros nenos da contorna, puideron desfrutar dos contos que lles contou a cadeliña Becki desde a súa biblioteca: historias dos seus viaxes, e cancións que aprendeu polo mundo.


Séguenos