CONTOS E CANCIÓNS NA BIBLIOTECA DE MEIS

Música e mímica en cantos sinxelos con ritmo. Agradable e coidada sesión de contos.

Música e mímica en cantos sinxelos con ritmo. Agradable e coidada sesión de contos.
O venres día 6 de xuño a Biblioteca de Barro acolleu a primeira actividade do programa “Ler conta moito” deste ano, cunha xornada moi especial!
Un total de 112 rapaces e rapazas do CEIP Amor Ruibal participaron na actividade “Castelao para crianzas”, onde puideron achegarse dun xeito lúdico e creativo á figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
A través da música, da narración e do debuxo, coñeceron un pouquiño máis da vida e obra dun dos grandes referentes da cultura galega.



Seguimos promovendo a lectura e a cultura galega entre os máis pequenos!
AS SEGUNTES DATAS:
🧙♀️ A corpo contado. Contacontos con Charo Pita.
Data: 09/08/2025.
Hora: 12:00
🤹♂️Circo na Biblioteca.
Data: 22/09/2025.
Hora: 12:00
-Entrada gratuíta.
-Prazas limitadas
-Inscrición na OMIX/Biblioteca, no email omix@barro.es, podes solicitar o formulario para a inscripción.
Actividade financiada a través do programa #lercontamoito para a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (Xunta) e o Concello de Barro.
O venres 23 de maio tivemos a actuación do grupo “Tilintilonia” na nosa biblioteca. Foi marabilloso! As familias gozaron coa representación da actividade “O baúl da tía Tola”. Facendo biblioteca!


O pasado mércores, 21 de maio ás 12.00h, achegouse un ratiño que lle encanta o queixo e os contos ata a Casa da Cultura.
Preto de 100 nenas e nenos puideron desfrutar da actividade progrmada dentro da Semana do Libro e das Letras. Encantoulles as cancións de David Pernas de Trinke Trinke teatro e os seus títeres.
Polo Correo do Vento achegou á Biblioteca do Grove o seu espectáculo “Cantareiras, a poesía popular nas Letras Galegas“.
Contaron as biografías das cantareiras homenaxeadas no Día das Letras Galegas, fixeron un gran mural relacionado e cantaron as pezas das propias homenaxeadas.

Para rematar cada asistente debuxou unha caricatura dunha pandereteira.

O pasado venres, os nenos e nenas da Estrada deleitáronse coa visita de Fuco, un dos membros dos Ratos de Lonxedetodo, que viaxou ata a nosa vila para tocar as súas cancións, ensinarnos o seu conto e presentarnos a varios dos seus amigos.

O pasado venres 16 de maio ás 18:00h, para celebrar as Letras Galegas, tivemos un divertido espectáculo de narración e monicreque a cargo de Galitoon Teatro, dirixido aos/as socios/as de 3 a 9 anos previa inscrición a partir das 10h. do luns 12 de maio.
Sinopse: Un espectáculo para homenaxear a todos os avós e avoas que nos contaban os contos. Deste xeito o avó D. Carmelo comezará a contar os contos sempre co seu inseparable canciño Rús.
A presente actividade está dentro do programa LER CONTA MOITO da Consellería de cultura, lingua e xuventude da Xunta de Galicia.
A Biblioteca Municipal de Fene festexou o Día das Letras Galegas 2025 cun espectáculo adicado aos máis pequenos da casa, “Güe, güe”, de Barriga Verde. Os nenos e as nenas que viron a actuación, ademáis de pasar unha boa tarde en compaña dos monicreques adquiriron hábitos saúdables, como merendar as froitas da cesta da compra da avoa de Güe-güe.

O xoves 15 estivemos celebrando as Letras Galegas 2025 nas Pontes. Grazas a A xanela do maxín percorrimos a historia das mulleres ás que se lles adicaron as letras para rematar coas Cantareiras, homenaxeadas este ano, aprendimos cousas da súa vida, desfrutamos dos seus escritos e da música. Que soen as pandeiretas!!


O mércores 14 de maio o público infantil e familiar poido desfrutar con esta interesante actividade puxo en valor o legado das mulleres excepcionais homenaxeadas nas Letras Galegas.


Séguenos