“AS PERIPERCIAS DE XURXO” MALASOMBRA
O pasado 10 de novembro vivimos unha tarde moi divertida coas peripecias de xurxo, un contacontos moi divertido e educativo da man de Malasombra produccións.


O pasado 10 de novembro vivimos unha tarde moi divertida coas peripecias de xurxo, un contacontos moi divertido e educativo da man de Malasombra produccións.



Este martes, a Biblioteca Municipal Os Templarios (O Temple – Cambre), acolleu un novo e inspirador contacontos, titulado ‘Os rizos de Lía’, a cargo de Patricia García Lesta.
Emocionante e ameno “O mundo da dobraxe”. Os rapaces aprenderon todos os pasos da elaboración dunha película, dende a creación do guión ata a dobraxe da mesma, feito polos propios nenos.

Paco Nogueiras presentou o seu espectáculo “Son Animal”, o día 21 de outubro no Concello de Pontedeume.
A sesión foi impresionante, cunha gran cantidade de obxectos, figura, instrumento musicais, etc. Sesión de cancións sobre diferentes animais, nas que os rapaces, rapazas, pais, nais, participaraon dunha forma total, moi activa, acompañando ao artista durante todo o tempo da actividade.


O día 16 de outubro desenvolveuse a actividade do Mago Paco con unha gran afluencia de público.
Dani García estuvo o xoves 16 na biblio e logrou asombrar a toda a rapazada e aos seus acompañantes cun espectáculo de maxia que fixo voar a imaxinación.

Ademais de non quitar ollo aos trucos de maxia, nenas, nenos e acompañantes estaban pendentes das historias que mediante “sons” Dani ía contando e así poder seguir o espectáculo.

Unha tarde máxica!
A pasada mañá do sábado, a Biblioteca de Frades acolleu unha nova actuación do inconfundible Caxoto, que regresou con Virus Match, un espectáculo cargado de humor, participación e moita improvisación.
Nesta ocasión, o artista convidou ao público a reflexionar sobre o “virus do machismo” dunha maneira divertida, intelixente e chea de creatividade. Cunha posta en escena áxil e moi próxima, Caxoto conseguiu que todas as persoas presentes —nenas, nenos e adultas— se implicasen activamente nunha historia que combina risa, pensamento crítico e educación en valores.
O público entregouse por completo, desfrutando dunha proposta na que o humor serviu como ferramenta para promover a igualdade e a convivencia. Unha vez máis, Caxoto fixo gala da súa gran capacidade de improvisación e conexión coa xente, facendo de cada momento unha experiencia única.
Non é a primeira vez que nos visita, e como sempre, deixou o listón ben alto. Na Biblioteca de Frades estamos encantados de poder contar con el e xa agardamos repetir experiencia, porque as súas actuacións son garantía de alegría, reflexión e bo humor.

O pasado venres 17 de outubro tivo lugar a actuación de Maker Maxia na Biblioteca Municipal de Abegondo.
Os nenos e nenas aprenderon varios xogos de maxia, leváronos a cabo e tamén os puidero levar para as súas casas para continuar facendo maxia…

Neste mes de outubro Paula Carballeira viu a Tirán a traernos historias de sapos, bruxas, nenas valentes e peixiños namorados. É espectacular ver cómo Paula consegue a atención e participación de todo o público.

Charo Pita tráenos o espectáculo “A corpo contado”; onde nárranse contos onde as personaxes protagonistas serán diferentes e marabillosas e de todo o mundo.




Séguenos