“MAXIA ENTRE LIÑAS” – DANI GARCÍA- EN VIMIANZO
Hoxe, Día das Bibliotecas, os nenos de primaria de Vimianzo gozaron dun divertido espectáculo de maxia

Hoxe, Día das Bibliotecas, os nenos de primaria de Vimianzo gozaron dun divertido espectáculo de maxia

Un mércores agradable para os nenos de Portosín que desfrutaron dos “contos para caghar patatillas” de Brais das Hortas, así como das cancións coas que os deleitou.

Para celebrar o Día das Bibliotecas fixemos varios convites.
Por un lado recibimos as alumnas e alumnos do CEIP de Cenlle e por outro recibimos a visita dos Ratos de Lonxedetodo.


A compañía Trinketrinke Teatro encantou coas súas viaxes e cancións acompañadas do acordeón do Rato Fuco.
“As Josefas” visitaron Cerdedo-Cotobade para facernos rir, cantar, bailar…… e tamén para aprender moitas cousas da nosa terra. Con este espectáculo conmemoramos o Día da Biblioteca, no cal pequenos e maiores desfrutaron interactuando coas “súas protagonistas”


Onte, para celebrarmos o día das bibliotecas que se conmemora hoxe, visitounos Marta Ortiz co seu espectáculo Tralará.
Gozamos é rimos moitísimo coas suas cancións, ritmos e refráns. Que ben o pasamos!


Este xoves, 23 de outubro, na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo (A Barcala – Cambre) gozamos dunha extraordinaria sesión de contos con imaxes e sons de paxaros.
Co gallo da celebración do Día das Bibliotecas, o xoves 23 de outubro pola tarde, tivemos na Biblioteca Pública Municipal de Barreiros un escape room para a rapazada, que coñeceu os segredos que garda a Biblio, e conseguiron axudar a Rosalía a que lle voltara a memoria. Pasárono xenial!
Con motivo do día das Bibliotecas, o 23 de outubro contamos coa actuación de Brais das Hortas e o seu espectáculo “Contos para Caghar Patatillas”, que fixo as ledicias tanto do público infantil como dos adultos. Interactuou moi ben co público crean do un ambiente distendido e moi conectado cos contos e as cancións.




Hoxe, 23 de outubro, desfrutamos coa actividade de narración oral “A corpo contado” da man de Charo Pita. A sesión estivo dirixida aos nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria do CPI de Pontecesures que cantaron e bailaron coas historias cheas de maxia e emoción.


Séguenos