«Contamos en igualdade» na B. P. M. de Nigrán

Contacontos infantil na Biblioteca.
16 de maio, sábado, ás 12:00 h, Contamos en igualdade, por Eduvía (Vías para a Educación).

Contacontos infantil na Biblioteca.
16 de maio, sábado, ás 12:00 h, Contamos en igualdade, por Eduvía (Vías para a Educación).
Pasámolo moi ben con Teatro Escena vendo como Ariadna e o profesor Florentino protexían ao dinosauro Xuri dos malfeitores nunha aventura marabillosa.




Onte tivemos a visita de Lalá Teatro na biblioteca de Darbo coa súa obra “Aventura pirata”.
Cantamos, bailamos, escoitamos historias e buscamos pistas para atopar o tesouro pirata.
Foi unha tarde moi especial, pasámolo moi ben.
O mércores día 13, pola mañá, a primeira infancia do PAI disfrutou cos cantos e contos de Cris de Caldas, ca súa actividade “Tantarantiña”.

O xoves 14 tocoulle a Paiosaco, cun contacontos que fai un pequeno repaso dos autores máis importantes das nosas letras galegas. Os nenos/as puideron participar e aprender sobre a nosa historia e os nosos autores dunha forma divertida en forma de xogo.

Inauguramos a programación destinada ás letras galegas co contacontos sensioral de Marilé (Un mar de Cores) no Centro Sociocomunitariode Caión, un contacontos sensorial que rematou cun pequeno obradoiro.
O auditorio Baldomero Cores de Cee reuniu hoxe aos alumnos das unitarias de Brens, Pereiriña e Vilarmide e aos colexios Vila de Cee e Manuela Rial para celebrar as letras de Begoña Caamaño e de todas as mulleres que foron homenaxeadas no Día das Letras Galegas.
Ao remate do espectáculo, entregamos os premios da XXXV edición do concurso de relatos e a XXII edición en busca do noso marcapáxicas organizados pola Biblioteca de Cee.
Grazas a Paula por facer un espectáculo tan divertido para os cativos.

O xoves 14 de maio , celebramos o día das Letras Galegas co “Obradoiro de gravado con Begoña Caamaño”, donde os rapaces homenaxearon a sua figura con un estampado en linoleo.
Foi unha actividade moi divertida e pasarono xenial.

Onte veu Maite, a contarnos historias de escritoras.
Entre tod@s cantamos e bailamos e aprendimos cousas de mulleres que escribían en galego.
Unha xornada divertida para toda a familia.



Séguenos