Onde está Amelia Earhart?


Tania Justo animou unha chuviosa tarde de outono cos seus contos cantados para a rapazada tudense, foi unha gran alegría ter a oportunidade de escoitala.




As nenas e nenos asistentes pasaron unha tarde deliciosa cos monicreques que se moveron por diferentes escenarios e lograron manter a atención en todo momento.
Realizouse o día 18 de outubro de 2023.


O tema principal a maxia, facendo un viaxe a través da historia e da evolución deste mundo fantástico e intrigante para pequenos e maiores
Onte recibimos na biblioteca pública de Foz
ao grande Caxoto que coa sua simpatía e naturalidade consigue meter a toda a picaraxada dentro da narración oral. Reformulando os contos clásicos, déixanos ben claro que todos, sexamos homes ou mulleres, somos iguais para desenvolver calquer tarefa.
O grupo Antela Editorial estivo na nosa biblioteca e contounos fermosas historias cargadas de valores e ensinanzas. Por outra banda, levamos a cabo un obradoiro de pastilina divertido e foi estupendo. Facendo biblioteca!
O venres 29 de setembro o grupo “Trémola Teatro” representou a súa obra “Leo e as cores ” na nosa biblioteca. Unha vez máis éxito total entre o público infantil e adulto. Marabilloso!
Co monólogo LER O PROSPECTO ANTES DE… onde Hermen&Gildo ten que facer servicios á comunidade e inscribirse nun cursillo de Igualdade e Diversidade, con tolerancia e respeto, a mocidade do IES de Mos festexou, o luns 16 de outubro o día das Escritoras.


Este sábado tivemos na nosa biblioteca o espectáculo “Historias de Bicharracos” da man de Marcos Dios Aguado. Un gran espectáculo teatral, contacontos e musical que enganchou o público dende o primeiro minuto. O actor contanos a historia de Romito, un neno que esta aburrido de ver a tele e descobre un gran libro cheo de historias que lle fai ver que os libros cóntannos historias maravillosas. Un espectáculo moi recomendable na que cabe destacar a gran versatilidade do actor a hora de interpretar diferentes persoaxes e tamén a capacidade de enganchar tanto o público infantil como o adulto. Sen duda repetiremos.



Séguenos