Black Galicia ofreceu un espectacular concerto o pasado xoves 17 de agosto na Casa da Cultura do Vicedo. Un concerto onde se repasou a historia de moitas mulleres do soul cunha vida complicada pero que aínda así foron grandes estrelas da música. Un público moi entregado e respectuoso disfrutou do fantástico repertorio de Iria Mejuto.




O pasado 26 de xullo os participantes na escola de verán do Pino convertíronse en buscadores de pistas para resolver un misterio acaecido na Biblioteca Municipal. Despois de observar e seguir as pistas deron coa solución!!!!


O día 11/08/2023 de 11:30 a 12:30 h na Biblioteca municipal Segundo Gil Dávila de Arbo tivo lugar a actividade de contacontos “A gran aventura dos animais” na que 45 nenos e nenas de 3 a doce anos de idade e 7 adultos asistiron a un espectáculo moi dinámico de contacontos levado a cabo por Yolanda, de Trémola Teatro, no que, caracterizada como unha gata, contoulles diversas historias relacionadas co mundo animal dun xeito moi dinámico e interactivo, xa que os nenos participaron no decorrer das historias, creandoas conxuntamene xunto coa contadora de contos, quen ten unha enerxía e creatividade que fixo que os rapaces, a pesares da curta idade de algúns estivesen moi atentos e participativos. O uso de música, baile, elementos decorativos e obxetos que acompañaron as historias fixo deste espectáculo moi rico en matices.
O mago David Méndez pasou polo Concello da Mezquita o día 5 de agosto. O seu espectáculo gustou moito, facendo as delicias tanto dos nenos como dos maiores.
Esta actividade é o resultado dunha mestura entre maxia, comedia e improvisación, onde a participación do público está presente en todo momento

O pasado 12 de xullo a Biblioteca Municipal do Pino recibiu a Emilia, unha gata cansa de facer sempre o mesmo polo que decide emprender unha viaxe acompañada dos nenos e nenas do escola de verán…
Que ven o pasamos con Trémola Teatro escoitando as súas historias, aventuras e cancións!!!!
Actividade de igualdade, onde se invita a reflexionar sobre as diferentes facetas da muller que vive a carón do mar.
Mariscadoras, científicas, tabaqueiras, escritoras, redeiras, nais…
O espectáculo teatral é interactivo polo que se precisa a axuda dos asistentes para os xogos e os enredos.
Esta actividade realizouse na Praza do Concello da Mezquita

Pequena introdución á simboloxía que rodea os zonchos, tan vinculada ao realismo máxico que forma parte da idiosincrasia galega. Os zonchos son colares que se lle agasallan ás crianzas pola época de Defuntos para protexelos das ánimas. Ademais cada castaña que se regala e come do zoncho serve para salvar unha ánima.
Actividade realizada no entorno da Piscina Municipal do Concello da Mezquita


O Concello de Ribadumia organizou está actividade nas inmediacións da Biblioteca Municipal de Ribadumia dentro do programa Ler Conta Moito 2023.
Nenos e nenas disfrutaron desta actuación onde as historias de piratas mesturadas con cancións e bailes fixeron dunha mañán de verán as delicias dos participantes.
O Concello de Ribadumia organizou está actividade nas inmediacións da Biblioteca Municipal de Ribadumia dentro do programa Ler Conta Moito 2023.
Nenos e nenas disfrutaron desta actuación onde as historias de piratas mesturadas con cancións e bailes fixeron dunha mañán de verán as delicias dos participantes.
Actuación moi dinámica e participativa.


Séguenos