«A maleta da mestra», actividade fomento á lectura con Raquel Queizás na Biblioteca de Verín

O pasado 3 de outubro ás 18:00h na Biblioteca de Verín, dentro do conxunto de actividades de fomento á lectura da Biblioteca de Verín, no programa LER CONTA MOITO da Xunta de Galicia; tivemos a actividade de narración oral «A maleta da mestra» realizada pola actriz, monicrequeira, filóloga, e sobre todo, contadora de historias RAQUEL QUEIZÁS.

Senopse da actividade: Á mestra substituta chamábamoslle Pisapouquiño, era divertida e agarimosa, non como Dona Clarisa.
Chsss! Que agocha a maleta da nova mestra? Que misterio! Abrímola amodiño….
Moitas follas de papel escritas, voan e quedan ciscadas polo chan. A mestra non se enfada, sorrí e di: Estamos na Horta das nosas letras. Vexo, vexo, un A… Adiviñas, cantigas, contos e lendas!




























Séguenos