Experimentos científico-artísticos na Axencia de Lectura de Riós

Durante a mañá de hoxe levouse a cabo unha actividade moi divertida i educativa. A ciencia é divertida

Durante a mañá de hoxe levouse a cabo unha actividade moi divertida i educativa. A ciencia é divertida


O pasado día 4 de agosto, os nenos de Vilasantar poideron disfrutar dun percorrido pola historia do cinema cunha mistura de contos da man de Brais Moure.
Anxo Moure visitou Sober có seu patinete moi ben decorado con nubes de cores. “O nubinete” chegou as instalacións das piscinas municipais onde o agardaban os nenos e as nenas do campamento de verán da biblioteca.

Escoitamos fermosas historias de árbores, prantas e animais, que nos amosan o problema do cambio climático e cómo debemos comportarnos para mellorar o noso entorno natural.
Foi unha mañá moi divertida e tamén comprometida có noso planeta.

As actividades realizáronse ao aire libre tendo en conta a situación actual na que nos atopamos e altas temperaturas.
O martes 4 de agosto a Axencia de Lectura de San Vicente convirteuse nun taller de robótica onde os rapaces e rapazas asistente puideron aprender fundamentos básicos desta materia. Dende o primeiro momento estivemos moi atentos as explicacións de Pablo Giménez e Pablo López. Comezamos coa preparación das nosas pantallas protectoras e para iso vimos como funcionan as impresoras 3D que fan o soporte destas pantallas. Despois tivemos unha pequena explicacion para a creación dun robot de limpeza. E paso a paso, coas pezas que nos proporcionaron, creamos o noso propio robot que puidemos levar a casa.


Onte desprazamos o contacontos á praza, fronte á biblioteca de Esgos para poder garantir as medidas de seguridade.

Co “Nubinete contra o cambio climático” aprendemos sobre o coidado dos bosques e ademais pasámolo moi ben.

Divertido e ameno musical o que nos brindaron Jorge Juncal e María Faltri, na mañán do luns, día 3 de agosto, co seu espectáculo “Soñando inventei”, formando parte da programación cultural do Agosto Cultural. A actividade resultou ser un concerto moi dinámico e transformador, no que a través da escolla de cancións os artistas van traballando o tema da diversidade e a igualdade de xénero, acadando unha moi boa interacción co público, sobre todo cos máis cativos.
A pesar de todos os incovenientes os rapaces de Celanova puderon desfrutar deste taller de maxia. A ilusión dos cativos é a mellor recompensa.

Os trinta nenos e nenas que participaron na Escola de Verán do Pino tiveron o pasado 28 de xullo unha animada sesión de contacontos con “Un rato máxico” no centro sociocultural Luis Seoane do Pino. Durante unha hora prestaron moita atención ás historias que lles contaba Diego Calvorota, xunto cos monicreques e divertimentos de maxia que os fixo rir en máis dunha ocasión.
.



Séguenos