XOÁN CURIEL NA BIBLIOTECA DE ROIS
Xoán Curiel fixo pasar uns momentos moi emotivos en Rois, a través da música e da poesía. Grazas desde a biblioteca de Rois por facernos gozar da forza das verbas e das melodías!

Xoán Curiel fixo pasar uns momentos moi emotivos en Rois, a través da música e da poesía. Grazas desde a biblioteca de Rois por facernos gozar da forza das verbas e das melodías!

E no Día das Bibliotecas tivemos unha representación teatral que nos ilustrou de xeito ameno e pedagóxico a historia das civilizacións: dende o Xurásico ata a Idade Contemporánea. Poidemos coñecer a Lucy, a primeira homínida descuberta en Etiopía; ao home das cavernas que habitou o noso planeta no Paleolítico; ao faraón Akenatón buscando a Nefertiti e as súas escravas da civilización exipcia; ao rei do Medievo, a labrega que traballaba para el e a unha marabillosa princesa que coñeceu na biblioteca; a Leonardo da Vinci do Renacemento; e por último a Neil Armstrong, austronauta estadounidense, que foi o primeiro ser humano que pisou a lúa na Idade Contemporánea.
Onte pasamos unha tarde divertidísima con Leo Leiño: maxia, humor, libros, moitos efectos especiais e ata neve tivemos na biblio!

Así da gusto celebrar o Día das Bibliotecas!

Moitísimas grazas a Leo pola súa visita, seguro que virá de novo moi pronto!

Na tarde de onte, coincidindo co día das bibliotecas, visitounos Larraitz, para falarnos do contexto histórico dos anos en que Antón Fraguas era un neno, e de como se divertía este neno cos medios de que dispoñía na súa casa e na súa infancia, mostrounos como se facían os xoguetes naquela época, con panos, cordas, elementos da natureza: mazarocas, carozos de millo, paus, palla, etc. Un pequeno obradoiro acompañado de folclore popular de esa época con cancións xa esquencidas para moitos..



A continuación,una divertidísima sesión de títeres, a historia de Dona Barriga Verde, unha pícara pandereteira que armada de inxenio desafía as dificultades cotiás, vencendo ao medo e ás inxustizas defendendo á súa integridade e amor propio fronte aos monstros, ao amor, á morte e ate ao mesmísimo demo.
E chegou Paula Carballeira a salceda chea de libros e historias que narrar e contar.
Fixo as delicias de tódolos alí presentes que pasaron un bo rato de aventura diferente.


Charo cantou acompañada da guitarra e contou contos moi divertidos, así conseguiu que as crianzas asistentes (de 1 a 3 anos) prestasen atención, batesen palmas, cantasen e bailasen.
Mamá cabra co espectaculo ” Contos para un mundo mellor” cerra o ciclo de Ler conta moito 2019 con unha serie de cancións populares e infantís, mesturada con humor, bailes, contos, e un sin fin de animais etc.
Onte celebramos en Vila de Cruces o día da Biblioteca coa actuación do Mago Marco co espectáculo “Maxia para soñar”.
Sorprendeu a tódolos asistentes cos seus trucos de maxia, interactuou co público durante todo espectáculo facendo que se sentisen como verdadeiros protagonistas.


Onte celebramos en Meaño o día da Biblioteca coa actuación de de A Run Run Teatro e o seu espectáculo “Cecilia e a súa Boneca”. Ingrid a Boneca está atrapada e precisa axuda para converterse en humana, e para iso, realizamos unha viaxe a través dos contos clásicos.

O pasado 23 de outubro na biblioteca municipal de Paderne, os nenos e nenas das escolas unitaria do Concello foron partícipes dunha animada actividade de dinamización da lectura ca actuación de “Creando unha historia de monicreques”. Onde ademais de participar nun conto interactivo fixeron obradoiros creativos en horario de mañá.



Séguenos