A TORTOISE, UN CAN, TWO MONSTERS…NA BPM DE ORDES
Nova sesión de Tardes de Contos e Lendas na BPM de Ordes. O venres 18 de outubro a nosa actividade foi un éxito!

Nova sesión de Tardes de Contos e Lendas na BPM de Ordes. O venres 18 de outubro a nosa actividade foi un éxito!

O sábado 19 de outubro, tivo lugar na Biblioteca Pública Municipal Xerardo Díaz Fernández de Porto do Son, a actuación do mago Pedro Bugarín, dentro do programa subvencionado pola Xunta de Galicia: actividades de dinamización da lectura que promovan a igualdade entre homes e mulleres e/ou a loita contra a violencia de xénero nas bibliotecas e/ou axencias de lecturas públicas de titularidade municipal.
Unha actividade, sobre a (Igualdade) Maxia de catro a catro”, a que asistiron 22 persoas, é un espectáculo do Mago Pedro Bugarín totalmente renovado e que se caracteriza por ser emocionante, versátil e sempre en clave de humor. Reúne maxia tradicional con xogos 3.0, ilusionando co máis mistico da literatura clásica e o máis moderno das tecnoloxías. Non deixará indiferente a ninguén teña 4 ou 107 anos. Sendo do agrado dos asistentes.
O pasado venres 18, tanto adultos coma cativos desfrutamos dun espectáculo da man de “Donde viven los cuentos“. Nesta función as artistas, a través do conto de A aventura de Daniela a pirata, amosábanlle ós nenos valores de superación e de igualdade de xeito moi divertido. Durante o conto, trouxéronnos xoguetes para ser partícipes do mesmo en todo o momento, cousa que entre os nenos, encantou. Actividade moi entretida!
A compañía TrinkeTrinke estivo o sábado en Ourol co contacontos “Paxariños” para nenos/as de 0-3 anos. Unha actividade totalmente recomendable para iniciar ós máis pequenos no mundo da lectura e os contos.
Burela , contou o sábado 19 de outubro coa presenza de XOÁN CURIEL e o seu esopectáculo “Pobre Poesía”. Un espectáculo xestado ao longo de anos poñendo música a mulleres poetas galegas.
Mulleres coma Rosalía, Antía Otero, Alda Merini, …Xoán tamén apotou outras cancións do seu primeiro disco “Nai”, adicado á figura da muller e ´`a prevención da violencia de xénero en cancións como “Os mares de marte”.Unha tarde onde poidemos disfrutar das letras e da música de Xoán.

Pobre Poesía

POBRE POESIA 2
Con axuda dos persoaxes do conto”Noa no espello”, Noa,Antón,Uxía ,a profe, o avó….descubrimos que todos somos diferentes e todos somos especiais.
Tamén cun abano aprendimos a comunicarnos sen palabras.

O martes 15 de outubro, ás 17:30 h, tivemos a sorte de contar con Marisa Irimia na Biblioteca Municipal de Outes. A través das aventuras da valente Pirata Escarlata e as inquedanzas dunha princesa ra, Marisa tratou de educar aos nenos e nenas na igualdade de xénero. Con contos e cancións, como a “canción do tiburón”, pasamos unha tarde moi entretida e divertida.
“Se les moito ocórrenseche mais cousas para debuxar”. Esa foi a mensaxe de Estefanía Padullés aos nenos e nenas que asistiron o mércores 16 ao obradoiro de ilustración na biblioteca de Miño. Fixeron un reconto dalgunhas importantes mulleres da historia, para logo, debuxar ás súas heroínas preferidas.




O venres 18 realizouse un programa de radio, en directo, desde a Biblioteca.
“Radio Bulebule transmitindo para o mundo en linguaxe universal”!
Axenda cultural, música, moda, coa información das últimas tendencias… E música, moita música co extraordinario Paco Nogueiras. Pelos, melena, melena, pelos!.
Non faltaron as chamadas dos ouvintes que pedían cancións… Movendo a perna, movendo o pé!…
Tamén houbo un oco para a ciencia, coa canción correspondente.
E como non, o concurso de Radio Bulebule, cunha gañadora entre o público.
Ademais, a sección de deportes, o tempo.
Unha tarde xenial!!!



O xoves 17 tivemos bebés na biblioteca. Visitounos Carlos Coira para facernos disfrutar de contos, maxia, clown, xoguetes que se moven, avós que varren, bebés que gatean…
Un percorrido polos sentidos, vimos, escoitamos, tocamos, cheiramos… Todo dentro dun contexto teatralizado e xogando sempre a sorprender. Tamén cantamos!
Rematamos con moitos libros pola alfombra, para tocar, ver , escoltar, ulir…


Séguenos