As Bolboretas de Soledad Felloza viaxaron ata O Pino




Contacontos moi entretido, onde o público asistente divertiuse á vez que se reflexionaba sobre igualdade. Porque hai príncipas que loitan con dragóns, nos contos e na realidade.
Narración moi amena por parte de Pablo Sánchez, na axencia de lectura de Vilariño (Cambados).




Onte pola tarde tivemos o pracer de ter con nós a Cris de Caldas co seu espectáculo Contos en Lila co que puxo de manifesto a igualdade en relación os rols de xénero e como desmontar alguns destes rols, para esto contou tres historias: As tres lavandeiras, as bágoas e Simón e unha versión propia de Carapuchiña Vermella. Espectaculo moi participativo no que contaba coa colaboración das nenas e dos nenos asistentes.


Na tarde do xoves, día 17 de outubro, estivo connosco Trémola Teatro, as profesionais fixeron unha contada baseada en adaptacións de contos populares. O “Monstro Rosa” foi a persoaxe principal que amenizou a función, as historias de monstros divertiron a nenos e nenas, así como aos adultos asistentes. A satisfacción dos presentes, fixo que a maoría deles ao término da actuación levaran en préstamo libros relacionados cas contadas que acababan de presenciar.


Esta tarde na bibilioteca de Monterroso visitounos unha maga moi especial: Leo Leiño, cunha simpática Mary Poppins. Con contos e maxia pasamos unha tarde moi divertida.
Quen non soñou esperto algunha vez? Ti, eu, todos nós poderíamos protagonizar estas historias imposíbeis, historias de nenas e nenos coas que viaxar a planetas afastados, medrar e encoller o noso tamaño, converternos en monstruosos dinosauros e xunto aos indios montar a cabalo.


Hoxe ás 15:30 h, non salón de actos dá Casa dá Cultura de San Sadurniño houbo un encontro da escritora Eva Mejuto cos mozos e mozas de 3º e 4º da ESO. Ás 20:00 h. presentación do seu libro Memoria do silencio na biblioteca para público aberto. Un libro altamente recomendable.
Na Ribadavia de posguerra, as irmás Lola, Julia e Amparo Touza salvaron, entre 1943 e 1945, a máis de 500 xudeus, axudándolles a cruzar a fronteira cara a Portugal. A través da obra “A memoria do Silencio” (Xerais, 2019), a autora achegará á mocidade unha fazaña real tan apaixonante como descoñecida, fomentando o debate e reflexión sobre a memoria esquecida e silenciada das mulleres na Historia

Este martes, 15 de outubro tivo lugar na biblioteca de Coiro una sesión entretida de contacontos da man de Raquel Queizás.
A través de varios contos onde se nos transmitía que no mundo hai moitas cousas por desfrutar e que compartir pero sempre na tolerancia, na igualdade e na diversidade.
Nenos e adultos formaron parte dun contacontos activo e participativo cunha única mensaxe: Somos iguais!




O pasado 9 de outubro tivemos na Biblioteca de Darbo a actividade “A aventura de Daniela pirata” de Donde viven los cuentos. Contacontos moi participativo no que os nenos e nenas tiveron que superar unha serie de probas para convertérense en auténticos capitáns e capitanas piratas.


Trécola Marionetas estivo co público infantil de Boqueixón o 28 de agosto nunha representación de Xogo revolto, espectáculo con moito contido educativo centrado en mostrar como o noso comportamento inflúe no que sinten as persoas que nos rodean. Fomenta unha educación emocional de calidade, sen estereotipos, libre de violencia e respeto entre iguais.


Séguenos