O Mago Teto en Bergondo
E hoxe en Bergondo tivemos ao Mago Teto coa súa actuación “500 anos da incrible historia da maxia”. Asistiron ao espectáculo preto de 45 nenos e nenas


E hoxe en Bergondo tivemos ao Mago Teto coa súa actuación “500 anos da incrible historia da maxia”. Asistiron ao espectáculo preto de 45 nenos e nenas


O día 10 de xullo tivemos o obradoiro de globoflexia con Elisa Alfaya Pérez. Fantástica actividade na que disfrutaron preto de 45 nenos e nenas.


Onte tivemos a visita de Paco Nogueiras en Ourol co seu programa Radio BULEBULE. Unha actividade divertida e totalmente recomendable.
Os rapaces/as pasárono en grande!
Onte 10 de Xullo 32 rapaces e rapazas viñeron a Biblioteca na compaña de seus pais para escoitar e ver as marionetas e debuxos con que Carmen Domech acompaña a narración dos seguintes contos : Dous de Historias de Ratos, Julieta estate quieta, 7 ratos cegos e Frederik.
Unha entretida maña na Biblioteca de Miño

Juste Kamishibai, Papel e Teatro, achegounos onte ao mundo do teatro para que coñeceramos a estrutura dun teatro clásico.

A continuación, os nenos e nenas puxeron a traballar a súa imaxinación para crear unha historia cos seus personaxes e escenarios e realizaron a súa propia maqueta, na que poder representar a historia elixida.


O cociñeiro Antón e pasteleira Tomasa contan a historia da “Cabaza encantada”. Nesta aventura Antón plantou unha semente, nunha maceta corrente, botoulle auga e terra e mantívose á espera. Agardou e agardou e co tempo medrou…unha cabaza!
Esta era especial, daba medo e gustáballe asustar. Na súa casa apareceron unha serie de personaxes que mais que asustar, fixéronnos gozar dunha maña moi divertida.
E des
pois do conto tivemos un pequeno obradoiro de cociña onde todos os asistentes realizamos uns deliciosos doce.
Maxia con Pedro Bugarín

Pedro Bugarín presentou unha actuación de maxia renovada e moi emocionante, versátil e sempre con moito humor. Realizou maxia con xogos e participativa cos espectadores .

Contos e cancións para renderlle homenaxe a Antonio Fraguas.
O músico Xoán Curiel e a contadora Charo Pita reuníronse en Taboada neste espectáculo familiar que xira arredor dos relatos populares galegos e mais de cancións que o autor das Letras Galegas deste 2019 recolleu nas súas aportacións ao Cancioneiro de Cotobade.

Silvia Penide e Carla López “Feminino Plural” no centro Sociocultural de Zas; Achegamento ao universo das mulleres autoras.


Encontro de Paula Carballeira por medio de contos e narracións .Buscou a participación do público o que fixo todo máis dinamico e cercano
Pasouse unha hora de diversion con medo cunha gran actriz e gran comunicadora


Séguenos