Libros para coidar a terra con Anxo Moure
Coma sempre Anxo conta de tal maneira que entusiasma a nenos e adultos,co engadido de que esta concienciando sobre o cuidado da natureza.pasaron unha mañá moi entretida e educativa


Coma sempre Anxo conta de tal maneira que entusiasma a nenos e adultos,co engadido de que esta concienciando sobre o cuidado da natureza.pasaron unha mañá moi entretida e educativa



O pasado día 15 de xullo puidemos disfrutar da actuación de Manuel Solla que nos trouxo un montón de contos, maxia, adiviñas e monicreques á Casa da Cultura posto que foi tanto o público asistente
que non colliamos na Biblioteca.
O 11 de xullo tivemos doble sesión de actividades na biblioteca. As 11 h. nenos dos campamentos de verán de Bolboretas e Concello e do campamento de pintura de Rocio, mais nenos da vila, asistiron a un contacontos teatralizado da man da compañía Elefante Elegante coa obra “Lobo Bobo” e pasárono xenial.Programa Ler conta moito. Estas son algunha das fotos. Mais nas redes sociais
https://www.facebook.com/bibliotecaribadavia.ribadavia/ https://twitter.com/BpmRibadavia


As nenas e nenos do Pino o 10 de xullo descubriron que fan as letras na súa casa mentres agardan a que alguén as convide a algún conto. Petaron na porta e o “A” recibiulles con apertas e agarimos para todas e todos. Espertaron ao E, lavaron os dentes coa D, comeron coa C, xogaron coa I, ducháronse coa U e empezaron a ler un libro coa L. Cando estaba rematando a historia escoitaron a chamada para participar nun novo conto e todas as letras marcharon correndo para formar parte desa nova historia. E para botar unha man nese novo conto as rapazas e rapaces de O Pino fixeron os seus propios bonecos das letras.
O 17 de xullo de 2019, tivo lugar na Biblioteca Pública de Riós a actividade: “A Máquina do Tempo”, realizada pola compañía: Urdime Teatro.
A actividade foi moi divertida e instructiva xa que a temática ía sobre as distintas civilizacións, debido a que o tempo o permitía e facía moita calor a actividade realizouse ó carón da biblioteca na praza pública.


Títeres Cachirulo triunfou cunha obra de Títeres moi divertida e con moita participación por parte dos nenos e nenas asistentes. Acompañou o bon tempo e puidemos facer a representación na terraza da biblioteca co cal se puido abrir a actividade mesmo a adultos.

Antía Yáñez demostrounos que non hai nada mellor que desenvolver un Rescate na biblioteca, para que os nenos e nenas coñezan cómo ser organizan os libros e ónde se buscan as informacións.

Buscando as distintas pistas entre os libros, no catálogo ou preguntando á bibliotecaria ou bibliotecario, é posible resolver calquera misterio.

Este venres na Biblioteca Municipal descubrimos cal é a verdadeira historia de Hamelin. Non é coma nola contaron, cambia un pouco. Mere Clown explicou coa axuda do público, malabares, e moito humor cal foi a verdadeira historia.
Actividade moi divertida na que os nenos e os no tan nenos pasaron un rato moi agradable e divertido cun dos contos clásicos.
Actividade moi completa,comezando con dous contos para rematar co momento de descubrir e experimentar
Os nenos e nenas participaron todo o tempo e divertironse moito,igual que os maiores que os acompañaron.



Hoxe saímos da biblioteca de Esgos á praza para abrazar ás árbores con Anxo Moure e desfrutar do conto “Unha árbore vén a vernos”


Séguenos