BocAberta estivo na ALM de Coiro con A nena con zapatos vermellos
Puidemos desfrutar dun contacontos divertido e a súa vez de gran calidade escénica.

Puidemos desfrutar dun contacontos divertido e a súa vez de gran calidade escénica.

O día 12 de setembro os nen@s pasárono moi ben escoitando as aventuras dunha galiña moi especial, chamada Rosiña, que se alimenta só de letras.
Para rematar participaron no obradoiro de creación de bonecos (con fariña e auga tinguida) dos personaxes dun conto que inventaron.



O pasado día 14 de setembro tivemos na Axencia de lectura de Monterrei unha actividade para os nosos nenos, “A aventura máxica na biblioteca”, a cargo do pallaso Piruleta&Cia. Foi moi gratificante ver como gozaron e participaron nos trucos de maxia, nas cancións e foi unha maneira marabillosa de achegar a biblioteca aos máis cativos.
Onte, mércores 19 de setembro, visitounos en Vilar de Santos Antía Yáñez con “Rescate na biblioteca”, onde nen@s a través de distintas pistas relacionadas con diferentes libros e autores puideron atopar a chave para abrir un cofre no que aparecería unha sorpresa.
Un bo xeito de fomentar o traballo en equipo para a consecución dun obxetivo común e a vez de coñecer distintos autores e libros.



O mércores día 19, visitounos na nosa axencia de lectura de Corvillón, Kamishibai coas “Historias Viaxeiras” de sombras chinescas, usando contos e fábulas como fio conductor facendo que o público asistente disfrutasen dun entretido espectáculo onde se fomenta o hábito da lectura como método para facer voar a imaxinación. Os nenos disfrutaron e pasárono xenial.
A través do programa de dinamización de lectura: Ler conta moito , a Biblioteca encheuse o día 13 de setembro, de nenos e nenas e como non de adiviñas, travalinguas, contos pequenos, contos de animais, contos de África e como non de contos clásicos narrados con moita alegría e humor por O Parroleiro (Os Contos de Pablísimo). Foi unha experiencia moi gratificante e supuxo novos lectores e novos empréstitos de libros


O martes 18, visitounos na nosa axencia de lectura de Vilariño, Kamishibai coas “Historias Viaxeiras” de sombras chinescas, usando contos e fábulas como fio conductor facendo que o público asistente disfrutasen dun entretido espectáculo onde se fomenta o hábito da lectura como método para facer voar a imaxinación. Pasárono xenial.
Onte, luns 17 de setembro, os máis pequenos tiveron a súa primeira experiencia co mundo máxico dos contos nun bebecontos da man de Migallas Teatro, no que a mistura da música e a narración oral engaiolaron a tódolos asistentes.
Grazas Migallas!

O pasado venres 14 de setembro tivo lugar na Biblioteca Municipal de A Illa de Arousa unha sesión de contos para bebés na que se integraron a música en directo, contos infantís e expresión dramática. Unha tarde preciosa na que os nenos e nenas de 0 a 3 anos disfrutaron na compaña das súas familias desta actividade.

Unha tarde moi entretida e didáctica para os máis pequenos. Moitas grazas!!

O día 15 de setembro na BPM de Láncara tivo lugar a actividade “A ciencia é divertida”, na que os nenos ademáis de disfrutar cos contos tamén experimentaron de forma divertida coa ciencia.


Séguenos