Os contos de Marisa Irimia na Biblioteca da Silva (Cerceda)
Cómo desfrutamos dos contos de marmeleiro, anís e limón na Biblioteca da Silva o pasado venres 29 de setembro, con Marisa Irimia!!!

Cómo desfrutamos dos contos de marmeleiro, anís e limón na Biblioteca da Silva o pasado venres 29 de setembro, con Marisa Irimia!!!


Jorge, teclados, guitarra, coros, María, voz estiveron no Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro para achegarnos música e cancións con cada letra do abecedario tantas aventuras como queiramos crear! Fadas, bruxas, xigantes, indios, piratas, unha elefanta rapeira ou unha mamá marciana acompañarannos nesta viaxe de Fantasía coas palabras. Unha proposta para aprender o abecedario dunha maneira orixinal e divertida. Os nenos do CEIP interactuaron moito con Jorge e María, fixeron de fadas, do xigante elegante, ata se atreveron a improvisar un rap…Ao remate da actuación cantaron todos xuntos a canción da formiguiña, Jorge e María, despedironse cunha pechada ovación entre solicitudes de máis bises. Un público totalmente entregado e participativo que non esquecera a este dúo fácilmente.


A Escola de Educación Infantil de Lañas do Concello da Baña acolleu o pasado venres, 29 de setembro de 2017, ás 12.00 h, o espectáculo teatral ‘Catalina Lino Lina’, unha actividade na que participaron as escolas de educación infantil de Aro (14 alumnos e alumnas), San Vicenzo (38 nenos e nenas) e Lañas (6). A actividade foi todo un éxito e gustoulle moito tanto ao alumnado como ao profesorado . Dentro da súa actuación, Catalina deleitou o público cos contos de ‘Carapuchiña ‘, ‘Simbad’ e ‘Alicia’. Grazas Catalina por facer voar a imaxinación dos nosos cativos e cativas!



A actividade de BiblioCanta está conducida por Chío Couto Rendo. Nela vai facendo un percorrido polo cancioneiro galego de tradición oral de ditos, recitados, nanas, xogos e cancións que fan disfrutar a público infantil e tamén a avoas e avós acompañantes.
Moi divertida e participativa e moi recomendable para realizar en bibliotecas. Funciona tanto con bebés como cos máis maiorciños que sen dúbida lles gusta recordar aquello que aprenderon de pequerrechos.
Ademais é unha maneira máis de fomentar o noso fondo de música e poesía.

A biblioteca de Chapela voltou onte ás súas actividades de animación para os máis cativos da parroquia. A compañía Bandullo Azul aterrou na biblioteca con Fran Campos e coa súa simpática compañeira Filipa.

VER MÁIS NO BLOG DAS NOSAS BIBLIOTECAS: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2017/09/filipa-trae-contos-cativos-e-adultos-na.html
As mañáns dos sábados 16 e 23 de setembro na Biblioteca Pública Municipal “P. Martínez Ferro” un grupo de nenos e nenas achegáronse da man de Minia Regos “Gargallando” ao mundo da ilustración.

Os rapaces traballaron as súas destrezas artísticas e pasárono en grande entre lápices de cores, personaxes de conto e fantásticas historias. Crearon os seus propios contos que finalmente levaron para os seus fogares.

Foi toda unha experiencia! Repetirémola!
Este xoves, día 28, pequenos e adultos gozaron coa actuación de Iria Piñeiro e o seu número “Cabaret Infantil Prodixio”. Os nenos tiveron participación activa na obra que tivo unha duración de 45 minutos, pasamos unha tarde divertida na que todos saimos satisfeitos.

“Tardes de Contos e Lendas” contou nesta ocasión coa actuación do grupo “Pavís Pavós” . O venres 22 de setembro , bebés e familias pasárono moi ben atendendo ás historias e cancións, e participando moi activos en todo o que lles propoñían. Facendo biblioteca!!!!
Onte luns 25 de outubro, na Casa da Cultura de Neda tivemos Romaría. Os nenos e nenas de 1º 2º e 3º dos colexios San isidro e Maciñeira estiraron todo o que puideron as orellas para escoitar as historias máis abraiantes. Entre recollida de patacas, bandas de música, circos, venta de bestas e festexos, Raquel Queizás fíxnos pasar unha ledísima mañá.

Os rapaces e rapazas da biblioteca de Mugardos convertéronse por un día en expertos biotecnólogos para resolver o caso do asasinato da bibliotecaria, recollendo mostras e pegadas para extraer o ADN do responsable do delito. Mediante materiais que teñen ao seu alcance na casa conseguiron resolver o caso. Unha actividade totalmente recomendable posto que esperta o interese dos nenos/as e na que eles mesmos manipulan, pensan, interactúan e sobre todo, aprenden.


Séguenos