Mirari coa actividade Debuxo rítmico en Cabana de Bergantiños
Actividade de contacontos con música , xogos e debuxos.
Actividade de contacontos con música , xogos e debuxos.
O 25 de abril na Biblioteca de Portonovo, celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil coa actividade “Calendario de Contos”.

A sesión a cargo de Sole Felloza, achegou ós cativos de Portonovo unha marabillosa tarde de contos arredor do calendario. Todos xuntos cantaron, incluídos os país, nais e avoas, e pasaronno xenial. De feito houbo cativos que xa na casa seguían a cantar as melodías que Sole lles ensinara. E ó rematar, un cativo achegóuse para que Sole lle adicase o seu libro.

Foi un pracer contar con esta narradora e disfrutar das súas historias e a súa profesionalidade. Tanto os maiores coma os pequenos disfrutaron do lindo, de tal xeito que, cando Sole terminou ninguén se moveu do sitio: estaban tan metidos na sesión que querían máis…

Ata pronto Sole!
A Biblioteca Pública Municipal de Ribeira presente na Feira da Educación.
Ler Conta Moito!

Polo Correo do Vento contaron e debuxaron a vida da excepcional pintora Maruja Mallo.

Como estamos de Feira este sábado, 29 de abril, o contacontos da Biblio fixémolo rodeados dos expositores dos centros de ensino de Ribeira, e para poder coñecer e gozar da historia de Maruja Mallo mirando a súa obra reinterpretada polos nenos e nenas dos nosos obradoiros de debuxo.

Os sábados vémonos na Biblioteca!
O pasado venres 28 de abril disfrutamos con Talía Teatro e o conto “Rosa Caramelo e outras historias”.
Este é un conto precioso que loita contra os estereotipos sexistas e aboga pola coeducación e a liberdade de elección.

Raquel, en representación de OQO Editora, achegou ata a Axencia de Lectura de San Vicente o Obradoiro gastronómico-literario “Coas mans na masa” dirixido á rapazada de 6 a 10 anos.

Que ocorre candomesturamos os contos e a cociña? Pois que contamos coas mans na masa!

A partir da historia de Pepiño e Maruxa e a súa disputa por facer pan, nesta actividade desenvolveuse un workshop creativo ondea rapazada asistente fixo as personaxes do conto…con masa de pan.


A mímica e a teatralización son os métodos utilizados por Suso Pando e Manuel Pombal para explicarnos, dunha forma amena e moi divertida, en que consiste o mundo da dobraxe.

Pero que mellor que recrear un pequeno estudio de grabación para adentrarnos no tema. Máis se cabe se lle poñemos voz a algún dos nosos debuxos favoritos.

É unha mágoa que remate o obradoiro. Foi xenial ser, por un día, actores de dobraxe.
O XOVES 27 DE ABRIL , CO LEMA “MES DOS LIBROS” A B.P.M. DE SALVATERRA TIVO UNHA ACTIVIDADE MOI DIVERTIDA CON ANXO MOURE ALCUMADO COMO “CARBALLO CON BOTAS”, PRESENTOUNOS A SÚA TITIRICLETA E FIXONOS PARCICIPES A PEQUEN@S E MÁIS GRANDIÑOS, DUNHA TARDE PARTICIPATIVA, CON RISAS E REFLEXIÓNS: SOBRE A PAZ. A TRAVÉS DOS SEUS CONTOS SOLIDARIOS E DOS SEUS TITERES. ADEMAIS A SÚA TITIRICLETA CONVERTEUSE EN UN GUIÑOL DONDE TODOS PARTICIPARON E O FINAL TOCOU A PANDEIRETA E OS NEN@S BAILARON E NON QUERÍAN MARCHAR, O REMATAR TAMÉN PRAOS MÁIS ANIMADOS DEIXO ANDAR NA SÚA PECULIAR TITIRICLETA.

CARBALLO CON BOTAS PRESENTANOS A SÚA TITIRICLETA

A TIRICLETA CONVERTEUSE NUN GUIÑOL, DONDE OS NEN@S FORON PROTAGONISTAS.
Continuamos coa nosa programación da celebración do día do libro. O xoves 27 visitáronos o cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa, para contarnos cómo conseguir o chocolate. Despois agasalláronos cunha brocheta de froitas cuberta de chocolate.
O día 25 de abril, dentro da programación que temos para celebrar o dia do libro, tivemos un contacontos a cargo de Trinketrinke Teatro con “Paxairiños”. A ratiña Lilí Gruyer contonounos moitos contos de paxariños, que encantaron a maiores e pequenos.


Séguenos