Día do libro na BPM de Irixoa
O pasado día 21 de abril celebramos o día do libro na Biblioteca Pública Municipal de Irixoa co obradoiro Creacancións de Miguel Alonso no que os rapaces/as participantes aprendenron a crear as súas propias cancións.
O pasado día 21 de abril celebramos o día do libro na Biblioteca Pública Municipal de Irixoa co obradoiro Creacancións de Miguel Alonso no que os rapaces/as participantes aprendenron a crear as súas propias cancións.
O pasado sábado , día 22, a Biblioteca Municipal de Quiroga conmemorou o Día do Libro co espectáculo “As maxias máis máxicas de tódalas maxias. A maxia de Carlos Casares” a cargo do Mago Martín Camiña. Un espectáculo máxico que a través do encantamento da a coñecer a vida e obra de Carlos Casares : ” As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas” .” Toribio”, “A galiña azul” son un referente ao longo deste espectáculo máxico e literario.
Este sábado, 22 de abril, na Biblioteca Pública Municipal de Ribeira.
Ler conta moito… E para aproveitar o tempo de lecer lendo estivemos no Recuncho dos libros infantís acompañados de nenas e nenos de todas as idades.

Xa ás 12.00 h comezamos a festa de contar e cantar con Luís Vallecillo, que ben o pasamos…

Vémonos na Biblioteca!
https://www.facebook.com/bibliotecariveira/



Trátase de que cada participante realice a súa propia páxina de cómic, disfrute debuxando e aprenda os recursos de expresión do cómic.
Excelente obradoiro o impartido o 21 de abril por Santy Gutiérrez, onde intercala teoría e práctica a medida que vai artillando a páxina. Desenvolve a actividade dunha maneira moi didáctica, pois partindo dunha práctica real, vainos achegando á linguaxe do cómic.
Comeza facendo un paralelismo coa linguaxe do cinema que vai comparando coa linguaxe do cómic.
Reparte aos participantes un folio cunha historia situada no ano 1367 que haberá que convertir nunha páxina de cómic. Hai un guión literario e un guión técnico, co que debe ir en cada viñeta. Cada mozo/a haberá que ir seguindo este guión.
Unha vez lido o texto, debemos centrarnos no deseño dos personaxes, fixarnos nas súas características e mantelas ao longo das viñetas, tendo en conta a época na que se desenvolve o texto.
Sinala a importancia da distribución de cada viñeta. Primeiro situar os textos e encerralos en “bocadillos”. Vai aproveitando para comentar os diferentes tipos de bocadillos, dependendo de cada situación, as onomatopeias, os diferentes planos…
Obradoiro eminentemente participativo e sen dúbida moi recomendable.
O día 21 de abril o teixugo Paio, despois de viaxar polo mundo, achegouse a Vimianzo para cantar e contar as súas aventuras

Carballo con Botas viu cargado cos seus teatriños e unha chea de monicreques ao lombo. Os bonecos naceron do traballo de mulleres integrantes de cooperativas de comercio xusto en Bangladesh. A través deles, Moure relata contos e aventuras por lugares fantásticos da India, Guatemala ou a propia Bangladesh.

Pasamos unha tarde estupenda con historias cheas de mensaxes a favor da paz e da lectura. Aprendimos moitas cousiñas sobre outras culturas e desfrutamos cos títeres e os contos solidarios que nos contou.

Foi unha actividade moi divertida, na que o público asistente, tanto adulto como infantil, estiveron moi participativos.

Non dubidaremos en repetir!

O venres 21 dentro do programa do mes dos libros, Charo Pita visitou a biblioteca de Covelo, onde os rapaces de 4 ata 10 anos disfrutaron das historias e contos, de medo e de risa, que lle suceden a quen lles presta o pucheiro a señora Emilia.




O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa convidaron a pasar unha tarde moi larpeira a cativ@s e maiores. Primeiro desfrutando da súa escenificación con música e moitas risas e logo ao rematar, fixeron un obradoiro de decoración de magadalenas, onde participaron todos os nen@s.

O pasado mércores, día 19, Raquel Queizás visitounos co seu espectáculo ” Mariña, contos nacidos no mar”. Unha contada moi amena e participativa na que coñecemos, entre outras historias, a lenda de Mariña, a serea da Illa de Sálvora. Así celebramos o Día do Libro na Biblioteca de Darbo.


Contando “O rato e os ventos”

Cantando o hino de Lonxedetodo
Hoxe, venres 21 de abril, para celebrar o Día do Libro e dentro do programa Ler Conta Moito, a B.P.M. El Viejo Pancho de Ribadeo recibiu ás nenas e nenos de primeiro de primaria dos colexios da nosa vila cun espectáculo moi especial, visitounos o rato Fuco de Trinke Trinke Teatro. O Fuco trae nunha caixa os tres ratiños máis novos do país Lonxedetodo. Son moi trastes e desobedentes e tenos que coidar. Tenta calmalos contándolle contos especiais para ratiños, pero non resulta doado.
Contounos catro contos tirados das obras de Arnold Lobel Contos de ratiños e Sopa de rato. Alén diso cantou, bailou e interactuou moito con as pícaras e os pícaros. Unha mañá divertida e diferente na biblioteca.


Séguenos