PABLÍSIMO E AS SÚAS “MANS” EN CARRAL

Marabillosa tarde con Pablísmo !!!!
Das mans de Pablo saíron ras, ratiños, velliñas… e toda uha chea de personaxes que nos fixeron gozar dos seus contos. Un dez para Pablísimo!!!!

Marabillosa tarde con Pablísmo !!!!
Das mans de Pablo saíron ras, ratiños, velliñas… e toda uha chea de personaxes que nos fixeron gozar dos seus contos. Un dez para Pablísimo!!!!
O día 23 de abril tivo lugar no Centro sociocultural de Bóveda unha divertida actividade de animación á lectura co Mago Paco (Illa dos nenos). A maxia e os libros xuntos fixeron rir e participar a nens@s e maiores nunha tarde de celebración como é o Día Internacional do Libro. 

O xoves 28 de abril na actividade “A Biblioteca dos pequeños” Pavís Pavos fixo unha sesión de contacontos para bebés moi amena e participativa, co que desfrutaron tanto os nenos coma os adultos que os acompañaban.
Para conmemorar o Día do Libro 2016, a Biblioteca de Cerceda preparouse para recibir aos lectores e ás lectoras máis novos/as de todo o concello cunha sesión de Os contos do chupete de Migallas Teatro. Cantaron, desfrutaron e, o máis importante, naceron á lectura. Benvidas e Benvidos a vosa Biblioteca!!!

A Biblioteca Pública Municipal de Foz celebrando o Día do Libro
Tivemos a actuación de A Xanela do Maxin co obradoiro “A obra de Castelao en sombras chinesas”. Acudiron os 22 alumnos que compoñen o clube de lectura do IES de Foz. Estupenda maneira de achegarse a obra gráfica de Castelao.
Unha morea de nenos e nenas de Infantil e Primaria, e mesmo algúns do Punto de Atención á Infancia cercano, asistiron cos seus pais, nais ou avós á actividade de animación á lectura A FALTA DE PAN, BOS SON CONTOS. Unha actividade moi divertida na que os asistentes escoitaron atentamente os contos que se lles contaban, axudaban nas cancións propostas cantando animadamente e interactuaban abertamente coa contacontos. En definitiva unha fermosa actividade para celebrar o mes dos libros.

O día do libro tivemos na Biblioteca Pública Municipal de Trazo un obradoiro no que tod@s @s participantes acabaron converténdose en ilustradores de contos.
O día 25 de abril dentro da programación da celebración do día do libro os nenos de Oroso disfrutaron do obradoiro “Coas mans na masa” de OQO.


Día do Libro na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés co Espectáculo de Migallas “Camiño de Historias” . Historias tradicionais, historias de rapaces consentidos polos país, historias de rapaces pedichóns, historias do ciclo da vida e da importancia da música e da festa. Historias co fin de difundir a literatura popular infantil de Galicia. 76 nenos e nenas estiveron ansiosos, entusiasmados e felices de participar do espectáculo familiar de Migallas Teatro.

O pasado venres 22 de abril para celebrar o día internacional do libro, visitou a Biblioteca Municipal de As Neves, Magín Blanco, facendo disfrutar ao alumnado infantil das escolas unitarias coa súa actuación ” Libros-Encantados“


Séguenos