Contos de Lobo na Biblio de Cerceda
O venres 22 de maio, a rapazada da Biblioteca municipal de Cerceda deu a benvida ao Lobo, dos Contos de Ghazafelhos. Non sabemos se lle quedarán moitas ganas de voltar…o Lobo saíu moi escaldado!!!!
O venres 22 de maio, a rapazada da Biblioteca municipal de Cerceda deu a benvida ao Lobo, dos Contos de Ghazafelhos. Non sabemos se lle quedarán moitas ganas de voltar…o Lobo saíu moi escaldado!!!!
Magnífica!! A posta en escea xunto cos animais e unha animadora deste calibre, metéronse no peto os pequenos nun abrir e pechar de ollos!!
Utilizando diferentes maneiras de representar os contos, o libro de trapo, o libro de rolo e cunha cabra carregada de contiños….
Sen duvida para repetir e recomendar
O pasado día 17 de maio , celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, acompañados do músico Alvaro Muras e o mago Martín Camiña coa actuación de maxia e música “MAXICOSONS” unha aventura entre libros, homenaxeando a Filgueira Valverde. Contamos cun publico familiar, e onde os pequenos participaron dentro do actividade, pasando unha hora moi amena e divertida.
O día 25 de abril, con motivo da celebración do DIA DO LIBRO, que se comemorou o día 23 de abril, na Biblioteca Municipal Irmáns Camba de Vilanova de Arousa tivo lugaro espectáculo de títeres O Libro da Selva.
A participación foi familiar, os nenos e neñas acompañados de seus país, onde pasaron una rato moi divertido e cheo de intriga.
Velaqui unhas imaxes.

O pasado martes 19 de maio, tivo lugar o contacontos O SOÑO DO RATO con Olga Abad “Intres” na Axencia de Lectura Municipal de Areas (Ponteareas), que nos trouxo moitas historias sobre ratos, ratiñas e gatos. Contounos a historia do rato César que soñaba cos trens, a rata Lavandeira que lavaba a roupa de todos os ratiños do pobo e da gata Renata que non medraba… historias ilustradas con sombras chinesas e monicreques.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
O día 20 Teatro Calavera tróuxonos a divertida historia do cocineiro Antón e a pasteleira Tomasa, rematando a sesión cun rico obradoiro de decoración de madalenas con pasta de azucre.
Unha excelente actuación e un taller moi ben realizado.
Paco Nogueiras fixo brincar a cativ@s e maiores co seu Brinca Vai! Durante máis dunha hora, o pasado martes 26 de maio (18:00h.), este fantástico artista, non permitiu que ninguén se quedase parado. Nen tan sequera as altas temperaturas, desanimaron ao numeroso público asistente, non cabía unha agulla.
Elefante elegante presentounos o seu espectáculo “Lobo Bobo” unha nova versión dos contos tradicionais coa que todos os nenos (e non tan nenos) gozaron e sorprendéronse. Un dez para Lobo Bobo!!

A actividade consistiu nunha combinación de música, animación á lectura, humor e maxia. Tódolos nenos que asistiron á actividade participaron no espectáculo. Ó final rematou cun truco de facer neve; un final alegre que deixou un bo sabor de boca.
A Axencia de Lectura Fundación Ferama acolleu o día 29 de abril ás 18.00 horas, e dentro do mes do libro, unha sesión de contacontos moi especial a cargo de Xanela Ocio con ” Contos ao Revés”.
Os nenos e nenas que non quixeron perder esta actividade disfrutaron moito escoitando e vendo como os personaxes dos seus contos favoritos cambiaban os seus papeis. Contos clásicos onde as bruxas son boas, os lobos non son tan malos e os príncipes menos azuis, toda unha lección de igualdade e respeto.


Séguenos