Antía Yáñez co obradoiro DE CIENCIAS OU DE LETRAS? EXPERIMENTOS NA BIBLIOTECA
Éxito rotundo do obradoiro que pretendeu despertar a inquietude pola ciencia na Biblioteca do CEIP Xosé Luis Taboada de Carballedo.

Éxito rotundo do obradoiro que pretendeu despertar a inquietude pola ciencia na Biblioteca do CEIP Xosé Luis Taboada de Carballedo.

A imprenta ambulante de Alouette Machine convertiu aos nenos e nenas en profesionais da impresión de fai 100 anos, cunha misión imprescindible: pensar os oficios do futuro e imprimir carteis dos mesmos tal como se facían antigamente. Letras de madeira, imaxes, cores, a imprenta do pasado ponse en marcha cara ao futuro!



O pasado venres, 25 de outubro, recibimos a visita de Fran e Filipa e flipamos cos contos!
Fran amenizou a velada coa guitarra e soubo captar a atención de nenos e pais.
Filipa, nun principio, mostrouse reticente a saír da maleta pero un pouco de motivación por parte de Fran e… vaia se saíu!!
Nenos e maiores rimos moito.
A Biblioteca da Pobra do Brollón transformouse nun “escape room” baseado no libro “Plan de rescate” de Antía Yáñez.
A rapazada tivo que seguir as pistas para escapar da biblioteca e rescatar as compañeiras e compañeiros que ficaran atrás.
Unha actividade onde os cativ@s coñeceron o espazo da biblioteca e onde disfrutaron durante unha hora buscando as pistas que estaban agochadas


O 25 de outubro seguimos a celebrar o Dia das Bibliotecas cun contacontos da man de Trémola Teatro titulado “Eva na Antártida”.
Esta vez acompañáronnos nenos do CRA Amencer que pasárono en grande coas aventuras medioambientais de Eva na Antártida e coñeceron a problemática do derretimento do xeo e as súas consecuencias no ecosistema polar.


A compañía “Trécola teatro” ofreceu ós rapaces de San Pedro de Muro e a súa contorna unha selección de contos dramatizados, didácticos e divertidos que tiveron unha gran acollida entre os nenos.

“Los Últimos” Teatro recalou en San Pedro de Muro (Porto do Son) co seu espectáculo de poesía, contos e maxia que fixo as delicias do público, fundamentalmente infantil, que se achegou a presencialo.

Os rapaces de Portosín e parroquias adxacentes tiveron ocasión este ano de deleitarse co espectáculo do Mago Teto no auditorio da Axencia Municipal de Lectura. O espectáculo, que forma parte do programa Ler Conta Moito de fomento da lectura, tivo unha gran acollida.

Inacio Vilariño chegou coas súas historias e cancións sobre burros e toda a familia que os rodea, con historias divertidas que nos fixeron rir e apreciar a este precioso animal.

O día 25 de outubro, os nenos/as gozaron dun taller de cómic da Compañía Garabullo, no que os participantes aprenderon diferentes técnicas para debuxar os personaxes dos seus cómics


Séguenos