“O Tesouro” na Biblioteca PM Central de Cangas

Desfrutamos moito coa fusión de contos pola igualdade que Trécola Teatro nos representou.

Desfrutamos moito coa fusión de contos pola igualdade que Trécola Teatro nos representou.
Taller de maxia ou Charly e a fábrica de soños foi a actividade que nos achegou o mago Charly Braun á biblioteca de Olveira.
A pesares de chamarse taller, a actividade centrouse máis na actuación do mago.
Os asistentes aprenderon un par de trucos de maxia ao final e, posteriormente, realizamos unha busca de libros sobre maxia entre os fondos da biblioteca.

O venres 25 tivemos unha visita moi especial á biblioteca María Magdalena!!!
Títeres Cachirulo deleitounos coa súa obra máxica ” Xeado de Lúa”, un espectáculo cheo de fantasía e dozura que chamou a atención dos nosos pequenos visitantes, de 1 a 3 anos.
Os máis pequenos gozaron de cada momento, entre risas e abraio, explorando un mundo de personaxes encantadores e cores máxicas.
Encántanos ser un espazo onde a imaxinación cobra vida!!!!

O pasado xoves chegou á nosa biblio a actividade Aprende a facer un podcast!, con Solovoz.
Explicación do concepto de podcast, seguido de diferentes aspectos a ter en conta para realizar un.
O monitor foi guiando ás persoas participantes para chegar a elaborar entre todos un guión e gravar o podcast.

O pasado venres, 25 de outubro, os 15 rapaces e rapazas que participaron neste obradoiro crearon verdadeiras xoias para anotar as súas lecutras nuns preciosos cadernos que decoraron coa método Zentangle que lles deu a coñecer Elisabet e que consiste no en trazar patróns repetitivos que crea belas imaxes e fomenta a tranquilidade e a concentración.

Neste obradoiro, que se levou a cabo na biblioteca de Bertamiráns o pasado xoves 24, Día da Biblioteca, os participantes gozaron da tranquilidade e atención que proporciona a técnica Zentangle que aprenderon con Elisabet. Fixeron o seus cadernos de lectura trazando patróns repetitivos cos que conseguiron preciosos debuxos.

O pasado mércores visitou a nosa biblio A Xanela do Maxín, co seu espectáculo Toupiciencia.
A través dunha historia, e tendo unha marioneta como fío condutor, os asistentes aprenderon sobre ciencia, axudando a resolver experimentos ao actor.
Moi entretido!

A través dun taller, os asistentes aprenderon a debuxar diferentes personaxes que formarán parte do seu propio cómic.
Helder, no Taller de cómic para nenos, amosoulles técnicas e trucos que lles van axudar a confeccionar o cómic.

A pasada semana, a ALM de Buxantes (Dumbría) trouxo ata aquí a Lupe Blanco, co Método regueifeiro.
Actividade moi recomendable, na que os pequenos aprenderon sobre regueifa e tradición oral, pero tamén sobre poesía ou sobre igualdade.
A rapazada aprendeu a crear as súas propias coplas desde a experiencia vivida no seu día a día no rural.

O día 19 de outubro, Yolanda Castaño, achegounos os seus versos, cun xeito moi atractivo, coa súa maneira de recitar chea de maxia, emoción e sentimento. Non deixou a ninguén indiferente.
¡ Foi espectacular!!!



Séguenos