Con esta actividade, os voluntarios de Solidaridade Internacional, achegaron ós nenos, a cultura de catro países centroamericanos, a través das súas lendas e historias, facéndolle ver as diferenzas como algo positivo e interesante que axude a afianzar o respeto mutuo.
A xenial ilustradora Noemí López achegouse á axencia de lectura de Chapela para instruir aos rapaces nas pautas básicas para debuxar.
A proposta centrouse na representación de personaxes. Noemí foi conducindo aos rapaces a través do debuxo, achegándolles as nocións básicas e moitos consellos para dominar as proporcións, reproducir as emocións e expresións faciais ou expresar o movemento.
Máis no blog das Bibliotecas de Redondela: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2014/09/contando-con-imaxes-noemi-lopez-achega.html
Hoxe na biblioteca de Esgos puidemos desfrutar de “Contos do mundo”, unha viaxe por América Central na que participaron 22 nenos e nenas.
O xoves 25 de setembro moitas nenas e moitos nenos crearon uns personaxes únicos e orixinais, cuns materiais pouco convencionais: leitugas, tomates, cebola, pasta, froitos secos, legumes, cenoria, repolo e moitas outras cousas ricas e sans.
Na biblio de Mugardos comezamos o curso coñecendo as historias do Quebranoces e os seus amigos, con música de Tchaikovsky ao piano da man da Asociación Musical Musicreques.
Todo un éxito! Encantounos a pequenos e maiores!
Os nenos e nenas de Campo Lameiro disfrutaron moito coas historias ao revés , historias onde as bruxas son boas e os príncipes feos.
¡Unha mágoa que acabara! 😉
![IMG-20141001-WA0001[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2014/10/IMG-20141001-WA000111-300x168.jpg)
A artista Fatima Fernández estivo na BPM López Cortón de Cedeira, contando contos cortos moi divertidos, entre eles “Un gato na árbore”, “Jockey”, “Imos cazar un oso”, “Imos chamar ao silencio”, etc.
Participaron os nenos cantando, con frases, gestos y sonidos. Partiparon 65 nenos de 8 anos, resultando fenomenal.
“Migallas Teatro” estivo na BPM López Cortón de Cedeira co contacontos “Os contos do chupete” no que se integra musica en directo (acordeón), literatura infantil, expresión dramática e tradición oral, os cativos acompañaban os artistas cantando e tocando palmas. Participaron 50 nenos de 2 y 3 años.
A BPM López Cortón foi visitada polo artista Elefante Elegante coa actividade “O Aviador” para divertir aos pequenos de 5 anos, en total participaron 45.
A actividade foi moi divertida e animada.


Séguenos